A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada

Novas

  1. O SLG denuncia deficiencias nos servizos de rehabilitación do HULA que prexudican especialmente a montaña lucense

    HULA 15 de Novembro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego está a recibir numerosas queixas de afiliados e afiliadas por mor das deficiencias do servizo de rehabilitación que ofrece o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), especialmente por parte de persoas que viven na montaña lucense.

  2. O IV Foro Labrego de Agroecoloxía abordará os retos da emerxencia climática para a agricultura

    Presentación IV Foro 14 de Novembro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego volve colaborar na organización do Foro Labrego de Agrecoloxía, un evento que chega á súa cuarta edición en 2019 e que, desta vez, escolleu o Convento Franciscano de Herbón (Padrón) para desenvolver o seu programa os días 16 e 17 de novembro. Nesta ocasión, tal e como adianta o xogo de palabras que dá título ao Foro -”Soberanía climática, emerxencia alimentaria”-, as diversas palestras e obradoiros virarán ao redor dunha cuestión candente como a crise por emerxencia climática.Como en edicións pasadas, o Foro está organizado pola Asociación Herbamoura e ten o financiamento da Deputación da Coruña.

  3. Cooperativa A Carqueixa: Feireando por Internet

    A Carqueixa 12 de Novembro do 2019 · 

    A Asociación de Produtores de Carne de Montaña (Aprocam), coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, desenvolveu un curso sobre comercialización de produtos cárnicos en Chantada ao longo do mes de outubro. Unha das partes máis interesantes destas aulas foi a saída de campo que se fixo a Cervantes, para coñecer de primeira man a experiencia da Cooperativa A Carqueixa, que dende hai medio ano puxo en marcha un anovador sistema de venda online que lles permite chegar co seu produto a calquera punto da Península Ibérica.

  4. A incompetencia da Consellaría de Medio Rural, protagonista na portada do Fouce 328

    Portada 328 11 de Novembro do 2019 · 

    Xa estamos repartindo o Fouce328 polas parroquias de Galiza. Neste número traemos denuncias potentes, como a desastrosa xestión da Consellaría de Medio Rural que deixou sen executar ao redor de 130 millóns de euros na “lexislatura do rural” ou o proceso xudicial que se está a xestar en todo o Estado contra o cártel de industrias lácteas que foron multadas por pactar prezos. Ademais, damos conta en informacións e reportaxes da actividade da Cooperativa A Carqueixa, das palestras do Festival Son Labreg@, da intensa actividade formativa do SLG, da vendima das Xornadas Intervegas ou da manifestación da plataforma “Por un monte galego con futuro”, entre outras. Xa podedes descargar o voso exemplar na icona que atoparedes no remate desta páxina.

  5. O SLG inicia n'A Estrada unha campaña informativa por toda Galiza sobre a demanda xudicial contra o cártel do leite

    Xuízo leite 8 de Novembro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego puxo en marcha, o 7 de novembro, un intenso calendario de asembleas informativas en todas as comarcas leiteiras de Galiza para informar sobre a posibilidade de reclamar xudicialmente contra o cártel de industrias lácteas sancionadas pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia.

  6. Medio Rural deixou 116 millóns sen executar en 2018 e agora quere eliminar as axudas agroambientais

    Informe Contas 2018 26 de Outubro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia a intención de Medio Rural de rematar coas axudas agroambientais, das que se están a beneficiar ao redor de 4.000 granxas na Galiza, principalmente en Lugo e na montaña de Ourense. Sorprende isto cando o Informe de Contas do ano 2018 da Xunta, publicado esta semana, revela que Medio Rural deixou sen executar 116 millóns de euros ese ano, ou Agader 10 millóns (a metade do seu orzamento). Podes descargar o extracto do informe premendo na icona que atoparás ao remate desta nova.

  7. 20-O: Multitudinaria manifestación da plataforma Por un monte galego con futuro en Compostela

    Isabel Vilalba e Diego Sánchez 21 de Outubro do 2019 · 

    Tal e como estaba previsto, a plataforma Por un monte galego con futuro, da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, organizou unha multitudinaria manifestación en Compostela o domingo 20 de outubro. Porque non queremos seguir sendo o almacén de celulosa para Ence, porque non queremos seguir enchedo as páxinas dos xornais coa Galiza arrasada por incendios, porque cremos e sabemos que os nosos montes poden ser unha fonte inesgotable e sostible de emprego e riqueza, porque o desafío de arrefriar o planeta para enfrontar o cambio climático así nolo esixe. Se queres coñecer as nosas demandas, consulta AQUÍ.

  8. Xuntos pola defensa dos nosos valores: Alcaldes e Comisión contra as Minas na Terra Chá fronte a Erimsa

    Rolda Terra Chá 18 de Outubro do 2019 · 

    A Comisión contra as Minas da Terra Chá e os alcaldes de Abadín, A Pastoriza, Castro de Rei e Cospeito, en representación dos concellos da Terra Chá afectados polas concesións mineiras á empresa Erimsa, ofrecemos, o 18 de outubro, unha rolda de prensa para expresar a preocupación polo inicio de actividades extractivas de Erimsa na bisbarra. De seguido, compartimos o comunicado que emitiron.

  9. [Editorial do Fouce 327] Non digas "cambio climático": Chámalle emerxencia climática porque a é

    Cambio climático 16 de Outubro do 2019 · 

    Este Fouce imprimiuse en vésperas do 27 de setembro, data dunha mobilización global en todo o planeta para esixir dos gobernos o recoñecemento de que nos atopamos diante dunha crise de emerxencia climática e o compromiso con políticas que minimicen a emisión de gases con efecto invernadoiro á atmosfera. Trátase de evitar que a temperatura global siga subindo como até agora e de non chegar a un punto de non retorno no que a catástrofe sería irreversible.

  1. Vaca en treboada

    Unha treboada perfecta asombra o sector da carne de vacún na Galiza coa complicidade do PP e do PSOE

    10 de Outubro do 2019 · 

    No Fouce 326 xa informabamos da negociación dun tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Mercosur (Arxentina, Brasil, Uruguai, Paraguai e Venezuela). Xa daquela advertiamos que este acordo comercial resultará catastrófico para Galiza, especialmente para o medio rural, se realmente se acaba asinando. Sectores estratéxicos para a nosa economía agraria como o da carne de vacún resultarían arrasados.

  2. Minas Terra Cha

    A Comisión contra as Minas na Terra Chá convoca os alcaldes tras constatar presuntas ilegalidades de Erimsa

    9 de Outubro do 2019 · 

    A Comisión contra as Minas da Terra Chá, integrada por máis dunha vintena de colectivos, mantivo, o 7 de outubro, unha xuntanza tras constatar o inicio de actividades por parte da empresa Erimsa. Dende a Comisión contra as Minas na Terra Chá non temos constancia de que esta mineira de capital noruegués e chinés teña título ou habilitación xurídica suficientes como para iniciar a súa actividade en ningunha das concesións aprobadas para extraer seixo en 2006 e que afectan 5.700 hectáreas nos concellos de Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Abadín, Vilalba e Riotorto.

  3. Coordinadora Persoas Maiores

    A Coordinadora das Persoas Maiores do SLG apoia a marcha a Madrid en defensa do sistema público de pensións

    3 de Outubro do 2019 · 

    A Coordinadora das  Persoas Maiores do Sindicato Labrego Galego apoia a marcha e manifestación convocada na Galiza polo Movemento en Defensa das Pensións (Modepen), que será en Madrid o vindeiro 16 de outubro.

  4. Dirección do leite SLG

    O debate sobre os prezos do leite segue a ser unha materia pendente na axenda da Interprofesional Láctea

    2 de Outubro do 2019 · 

    O pasado 29 de xullo, a Dirección do Leite do Sindicato Labrego Galego tivo dúas persoas invitadas de excepción: a actual presidenta da Interprofesional Láctea (Inlac), Charo Arredondo; e o técnico do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), Juan Castro. No Fouce 327 tratamos a fondo os debates e cuestións que tratamos aquel día con ambos, texto que compartimos agora contigo.

  5. Fouce 327

    O Son Labreg@, Árbores que non arden ou a manifestación do 20-O fan do monte o protagonista da portada do Fouce

    30 de Septembro do 2019 · 

     

    Cun pouquiño de atraso e algo magro en páxinas debido ás recentes vacacións estivais, vén de saír o #Fouce327 á rúa. Nel atoparás unha reportaxe sobre o que deu de si o encontro entre o Sindicato Labrego Galego e a presidenta da Inlac, Charo Arredondo, con entrevista incluída.

Outras Novas

  1. 26-09-2019 · O Sindicato Labrego apoia a folga contra o cambio climático integrado no Movemento Galego polo Clima
  2. 25-09-2019 · A plataforma “Por un monte galego con futuro” convoca unha manifestación nacional o 20 de outubro en Compostela
  3. 19-09-2019 · Montecubeiro acolle o III Festival Son Labreg@ que analizará a importancia das mulleres na xestión do monte
  4. 19-09-2019 · A desidia da Xunta bloqueou os traballos de prevención de lumes até finais de agosto e favorece as pragas forestais
  5. 13-09-2019 · O SLG critica o apoio da Xunta a un proxecto de Erimsa que afecta 210 hectáreas en Mesía e Frades e que antes rexeitou