Sementa coidado, recolle saúde
Campaña centrada na prevención de riscos laborais.
Campaña centrada na prevención de riscos laborais.
A través da campaña Sementa Coidado, Recolle Saúde o Sindicato Labrego Galego- Comisións Labregas, co financiamento da Consellería de Emprego, pretende reivindicar a importancia do coidado da saúde laboral por medio da prevención de riscos e en todos os seus aspectos. Para iso, atendemos a dous ámbitos especialmente perigosos e pouco tratados no noso sector: a prevención dos riscos laborais no uso de pesticidas e a prevención de riscos psicosociais. Así, reivindicamos a relevancia non só da saúde física, mais tamén da mental. É importante reivindicar tamén o papel da agroecoloxía e auto-organización labrega neste proceso. Conformar colectividades de apoio e colaboración é fundamental para protexer a nosa saúde psicosocial no ámbito laboral, da mesma forma que procurar alternativas naturais aos pesticidas é a opción máis interesante para protexer a nosa saúde e a calidade dos nosos alimentos.
Os riscos psicosociais son aquelas situacións que se producen na contorna laboral relacionadas coa organización, contido e cumprimento do traballo, e que poden implicar un posíbel deterioro da saúde ou do benestar da persoa traballadora.
O contexto das persoas labregas e en especial das mulleres, fai que nos atopemos especialmente expostas/os a este tipo de riscos. Entre os motivos que fomentan esta situación atópanse a soidade e o illamento que adoitan experimentar as pequenas produtoras; a cantidade e diversidade de tarefas que necesitamos realizar; as dificuldades que experimentan á hora da conciliación laboral-familiar-social e a falta de recoñecemento social.Entre as medidas que podemos aplicar para reducir a exposición a estes riscos atópanse:
Alén do máis, é importante avanzar de forma colectiva cara a mellora das condicións materiais de todas as labregas e cara unha actuación colectiva moito maior, o que repercutirá tamén na redución da exposición aos riscos psicosociais.
Os pesticidas son químicos con propiedades toxicolóxicas que poden ter repercusión na saúde das persoas, polo que é fundamental tomar as medidas apropiadas para evitar os posíbeis riscos.
Os danos na saúde que estes produtos poden provocar son múltiples e variados: reaccións alérxicas; inflamacións na pel e nos ollos; lesións na pel e as mucosas; toxicidade sistémica en algúns órganos; alteracións xenéticas e do efecto nervioso.
Entre as principais medidas que podemos tomar para reducir e controlar os riscos derivados do uso de pesticidas atópanse os seguintes:
Utilizar sempre Equipos de Protección Individuais (EPIs) e seguir as súas instrucións de uso.
Seguir a concentración de doses marcada na etiqueta e realizar a mestura ao ar libre.
Os utensilios empregados utilizaranse exclusivamente para este fin.
Evitar a aplicación en días de vento, choiva ou especialmente calorosos.
Afastar da zona o persoal alleo á aplicación
Non permanecer na zona máis tempo do necesario.
Trocar a roupa, lavala separadamente e ducharse o antes posíbel.
Non comer, beber ou fumar durante o proceso.
Limpar e manter adecuadamente os utensilios empregados no proceso.
Con todo, é importante sinalar que a forma máis efectiva de evitar estes riscos é suprimir o seu uso e apostar por produtos naturais alternativos.