Xurxo Álvarez

03/05/2004

Xurxo Álvarez Pérez, membro da Comisión Executiva do SLG e viticultor

“O SLG fixo máis pola recuperación e reestructuración do viñedo que a Xunta”

Xurxo Álvarez regresou hai uns anos á terra dos seus ancestros, en Cenlle (Ourense), para revivir a tradición viticultora familiar. Dende aquela, Xurxo someteu as dúas hectáreas de terras de que dispón a un proceso de modernización, recuperando castes de uva autóctonas como albariño, torrontés, godello ou treixadura; e facendo un traballo que pretende abarcar tódalas fases do proceso de vinificación dende a perspectiva dun fondo respecto á terra. Antes diso, iniciárase hai case dúas décadas no activismo sindical da man do SLG en Lugo. Hoxe, forma parte da súa Executiva.

 

Na icona de abaixo está dispoñible a entrevista completa.

Xurxo Álvarez Pérez, membro da Comisión Executiva do SLG e viticultor