FOTO WEB XORNADA CERES 2024

28/05/2024

Xornadas de accións para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario

Durante estas semanas, no marco das xornadas de accións para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario, temos programados varios encontros en diversas zonas da Galiza.

- Este venres 31 de maio, a partir das 11h, terá lugar o encontro Oportunidades e gobernanza das mulleres no rural, en FRIOL, no marco das xornadas de accións para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario, no que participarán María Ferreiro, responsable da Secretaría das Mulleres do SLG; Margarida Prieto Ledo, técnica no Sindicato Labrego Galego; e Concha Blanco Montecelos, vogal no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Pola tarde visita a Casa Bértolo. Inscríbete no 604 027 886. LUGAR: Local da Asoc. de Mulleres Rurais Fonte da Xonza. Praza de España, 4, 27220 Friol, Lugo.

Xornada CERES 31 maio

- O mércores 5 de xuño, a partir das 11h, terá lugar o encontro Novas Ruralidades, na Biblioteca Maravilhas (Parroquia de Arroxo, Lourenzá), no marco das xornadas de accións para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario, no que participarán Carmen Molejón Quintana, activista e dinamizadora social; Fátima Mayorga Olmos, logopeda; e Rosa Espiñeira Pan. Xantaremos na Casa da Penela (Vilamor, Mondoñedo, onde acontecerá o resto da xornada) Pola tarde contaremos coa participación de Thais Rivera López (Casa Niño Ourol) e María Ferreiro Santos (responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG). Inscríbete no 606 398 305.Xornada CERES 5 de xuño

- O 7 de xuño, a partir das 11h, terá lugar o encontro As mulleres nos órganos de gobernanza, na Arca da Noe (Vilar de Santos), no marco das xornadas de accións para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario, no que participarán Isabel Vilalba Seivane, labrega e Secretaria Xeral do SLG; Lidia Senra Rodríguez, labrega e ex Secretaria Xeral do SLG; e Margarida Prieto Ledo, responsábel da área de acaparamento de terras do SLG. Descansaremos para xantar e seguiremos pola tarde da man de María Ferreiro Santos, responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG; e Andrea Rico Adega, pedagoga e educadora social especializada en facilitación de grupos. Inscríbete no 699 963 263.

Xornada CERES 7 de xuño