As axudas concédense en réxime de adxudicación directa, por orde de recepción das solicitudes completas até esgotar o orzamento.
1. Obxecto
Renovación de maquinaria agrícola para mellorar a seguridade, reducir as emisións e promover a agricultura de precisión. Adquisición de nova maquinaria para substituír a maquinaria antiga.
2. Maquinaria elixible
Tractores agrícolas
Tractores novos incluídos nas listas oficiais do MAPA.
Deben substituír tractores antigos que cumpran os requisitos das directrices regulamentarias.
Maquinaria autopropulsada
Colleitadoras.
Equipos de aplicación de fitosanitarios.
Esparexedores de fertilizante.
Cisternas autopropulsadas para a aplicación localizada de xurro (tubos flexibles ou ríxidos, inxección por rellas ou discos) Certificados segundo Anexo III.
Equipos de manipulación e carga.
Trituradoras de residuos de cultivos.
Maquinaria arrastrada ou montada
Sementadoras directas.
Esparexedores de fertilizante.
Equipos de protección vexetal.
Trituradoras.
Equipos de mantemento de cultivos de cobertura.
Cisternas e accesorios para a aplicación localizada de xurro (tubos flexibles ou ríxidos, inxección por rellas ou discos) Certificados segundo Anexo III.
No caso de pedir axuda só polo aplicador, a solicitante deberá ser a propietaria da cisterna, e estar inscrita no ROMA a seu nome “al menos desde el 01/01/2026”.
Equipos de agricultura de precisión
Sensores NIR.
Sistemas de autoguiado.
Sistemas de aplicación variable.
Kits ISOBUS.
Robots agrícolas (novidade 2026).
3. Beneficiarios Art.3 RD 1055/2021
Tipo:
Titulares de explotacións agrarias.
Empresas de servizos agrarios (IAE 911, 912, 851).
ATRIAS e ADSG.
Requisitos
Estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social.
Non estar suxeito a ningunha prohibición de percibir subvencións.
Non ser unha empresa en crise.
Non estar suxeito a procedementos de recuperación de axudas incompatibles.
Cumprir a normativa para pemes cando corresponda.
4. Requisitos Maquinaria (Art. 4 RD 1055/2021)
A compra e inscrición debe realizarse a partir do día seguinte á publicación da Orde (13/06/2026).
Só se subvenciona unha máquina ou equipo novo por beneficiario.
Os tractores deberán contar con estrutura de protección homologada (ROPS).
A máquina substituída ten que ser do mesmo tipo que a adquirida.
Debe estar en condicións de uso e non de abandono na data de solicitude (ITV en vigor e favorable ou 2 anos ou menos caducada – de ser o caso).
Poderase achatarrar máis dunha máquina antiga para xustificar a substitución.
A máquina nova debe figurar nas listaxes do MAPA.
Inscrición no ROMA:
Tractores inscritos no ROMA cunha antigüidade mínima de 15 anos a 01/01/2026 e a nome da solicitante, polo menos, dende 01/01/2025.
Máquinas automotrices inscritas no ROMA cunha antigüidade mínima de 10 anos a 01/01/2026 e a nome da solicitante, polo menos, dende 01/01/2025.
Resto de máquinas, inscritas no ROMA a nome da solicitante, polo menos, dende 01/01/2025.
Instalacións de dispositivos de aplicación localizada de xurros en cisternas existentes, inscrita no ROMA a nome da solicitante, polo menos, dende 01/01/2026.
Excepción no caso de cambios de titularidade, falecemento, invalidez permanente, xubilación do anterior titular ou mozo incorporado nos últimos 5 anos a contar dende 01/01/2026. Anexo VII. Libro de familia – de ser o caso.
O equipo a achatarrar debe estar ao nome da solicitante na data da solicitude.
Robots agrícolas:
Autónomos:
Percepción do entorno, posicionamento e navegación, toma de decisións, execución automática de tarefas, sistema de seguridade.
Control remoto:
Percepción do entorno transmisión de datos, control remoto, actuación, interfaz de control, seguridade.
Híbridos.
Agricultura de precisión:
Sensores NIR para carros mesturadores, colleitadoras, cisternas de xurro ou outros.
Sistemas de autoguiado [condución autónoma ou semi-autónoma] de equipos autopropulsados.
Kit de adaptación ISOBUS: unidade de control + conector ISOBUS + cableado necesario + pantalla [se se instala no tractor] + certificado AEF.
Sistemas de adaptación para traballo variable:
Equipos de dosificación de xurros
Kits de adaptación sen fíos
…
Achatarramento
A maquinaria substituída debe entregarse nun centro autorizado.
Debe tramitarse a baixa correspondente (ROMA e, se é o caso, Tráfico).
Excepción:
No caso de equipos de manipulación e carga admitirase o achatarramento dun tractor con pa cargadora
No caso de trituradoras e equipos para o mantemento de cubertas vexetais autorizarase o achatarramento de cultivadores, gradas, arados ou intercepas
Os equipos de agricultura de precisión (incluídos os robots agrícolas) non requiren desmantelamento previo.
4. Obrigas do beneficiario
Manter a maquinaria subvencionada durante polo menos 5 anos e non vendela nin transferila durante ese período (agás autorización previa).
Conservar a documentación xustificativa do achatarramento.
5. Importe da axuda
Mínimo 1.000 € de axuda ou 600 no caso de aplicación localizada de xurros ou equipos de agricultura de precisión.
Agricultura de precisión
Agricultura de precisión [NIRS, sistemas de autoguiado, kits ISOBUS, sistemas de aplicación de tipo variable e robots]:
Máximo 30% do investimento até 10.000 €.
Tractores e maquinaria autopropulsada
120 €/kW potencia [ou potencia fiscal x 5] do(s) tractor(es) a achatarrar.
Poderase incrementar en 2.000 € adicionais cando a máquina teña o estándar de emisións máis avanzado (Fase V).
Tractores, incrementos prima base:
Clasificación enerxética A: + 3.000 €
Clasificación enerxética B: + 2.000 €
Clasificación enerxética C: + 1.000 €
Tractor eléctrico, pila de H ou 100% biocombustible: + 5.000 €
Seguridade tractor a achatarrar: + 3.000 € (inscrición no ROMA anterior á obrigatoriedade de contar con ROPS)
Axuda máxima autopropulsadas:
Máximo 30% do investimento até 27.000€ (con extras)
Axuda Tractores:
Máximo 30% do investimento até 20.000 € (con extras)
Abonadoras e sulfatadoras:
Máximo 30% do investimento até 4.500 € [abonadoras] ou 6.000 € [sulfatadoras].
+ 1.000 € se se achatarra outra abonadora/sulfatadora
Sementadoras directas:
Máximo 30% do investimento até 20.000 €
Cisternas de xurros e accesorios para aplicación localizada
O investimento subvencionable pode incluír as adaptacións necesarias na cisterna.
Máximo 30% do investimento até 20.000 € para cisternas e 6.000 € para aplicadores.
Trituradoras de Residuos vexetais:
Máximo 30% do investimento até 3.000 €.
6. Presentación de solicitudes
A través da sede electrónica do ministerio.
Eficiencia enerxética e fase de emisións do tractor ou máquina automotriz adquirida
Anexo I no caso de maquinaria non inscrita no ROMA
Certificado de situación censal (no caso de prestar servizos)
Acreditación da constitución e actividade realizada no caso de ATRIA e ADS
Factura de compra:
Data, selo e sinatura do vendedor
Marca, modelo, versión, clasificación enerxética, fase de emisións e número de bastidor do equipo adquirido.
Ficha técnica da máquina adquirida na que conste a fase de emisións desta. De non aparecer, certificado do fabricante.
No caso de máquinas non inscritas no ROMA (por non ser obrigatorio): documentación acreditativa da súa titularidade (Anexo I)
Ficha técnica do tractor ou ficha das características da máquina a achatarrar. No caso de máquinas que non dispoñan dela, declaración responsable.
Copia do informe de ITV da máquina achatarrada.
Compromiso de destruír a máquina substituída antes do 15/11. Xustificar isto e a baixa no ROMA antes do 30/11.
No caso de retirar sistema de aplicación de xurro por prato, abanico ou canón, Anexo V.
Compromiso de dar de baixa en tráfico a máquina substituída (de ser o caso).
Certificado de conta bancario.
Acreditación da representación.
Ficha de solicitude datada e asinada pola solicitante.
Declaración responsable (anexo VI) que confirme o cumprimento do requisito de non estar endebedado por orde de reembolso.
No caso de dispositivos de localización de xurros, deberá presentarse o anexo III para os dispositivos montados en cisternas de xurros novas e o anexo IV para os montados en cisternas de xurros en uso.
Se a adquisición se realiza mediante un contrato de leasing ou renting, deberá presentarse o contrato coa entidade bancaria, a nome do solicitante da axuda, no que se estipule un prazo mínimo de 5 anos para cumprir co requisito establecido no artigo 11.3.
No caso de equipos de precisión para adaptar á maquinaria da granxa, certificado do fabricante do compoñente (Anexo II orde 2026). O número de serie ou de identificación do compoñente principal debe coincidir co da factura.
Certificado de inscrición no ROMA dos robots agrícolas.
A maiores:
Xustificante de achatarramento segundo Anexo II: até 15/11/2026
Certificado do fabricante de retirada do antigo accesorio de aplicación de xurro: até 30/11/2026
7. Resolución das axudas
No taboleiro de anuncios da sede electrónica do MAPA.
8. Compatibilidade das axudas
Compatibles con calquera outra para o mesmo fin, até un máximo do 50% do custe no caso de medianas empresas e até o 60% no caso de pequenas e microempresas.
