Novas

  • Veciños e veciñas de Vedra organizan unha xuntanza en Merín para denunciar o proxecto de viñedos industriais da adega Martín Códax

    Veciños e veciñas de Vedra organizan unha xuntanza en Merín para denunciar o proxecto de viñedos industriais da adega Martín Códax

    • 04,Xul 2025
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments
    • adega
    • asemblea
    • denominación de orixe
    • denuncia
    • galiza
    • loita veciñal
    • martín códax
    • Patrimonio natural
    • ribeira do ulla
    • tecido asembleario
    • uva
    • val do ulla
    • vedra
    • viño
    • Organización veciñal, asociativa e sindical para defender a terra dende abaixo.

    • “O Concello de Vedra está a sufrir un proceso de colonización de grandes superficies de viñedo industrial”, comenta Paulo Rubido, veciño de Vedra e integrante da Asociación en Defensa da Ulla Verde. 

    Vedra, 4 de xullo de 2025. O Sindicato Labrego Galego-Comisións Galegas segue apoiando a loita contra o viñedo industrial no Val do Ulla. O pasado 27 de xuño, a Asociación Defensa da Ulla Verde convocou unha charla na Parroquia de Merín para informar á veciñanza sobre as novas plantacións de viñedos industriais que a adega Martín Códax quere implantar en Vedra, comarca que forma parte da subzona Ribeira do Ulla con Denominación de Orixe Rías Baixas.

    Nos últimos anos, o Val do Ulla está a sufrir unha transformación sen precedentes. Baixo o pretexto do desenvolvemento vitivinícola, estanse a implantar varias explotacións industriais intensivas de viñedo como o proxecto da adega Martín Códax que arrasan coas masas forestais, contaminan solo e augas, e ameazan a saúde da veciñanza.

    O Concello de Vedra está a sufrir un proceso de colonización de grandes superficies de viñedo industrial, comenta Paulo Rubido, veciño de Vedra e integrante da Asociación Defensa da Ulla Verde. “A parroquia de Merín é pequena, pero ten boa orientación para o cultivo da viña. Nestes momentos debemos ser unha das poucas zonas do Concello que quedan sen estas grandísimas extensións da viticultura, con todo o que trae asociado de fitosanitarios, pesticidas e herbicidas”.

    É evidente que a inmensa maioría da parroquia pensa que desta forma simplemente esnaquizan o sitio onde vivimos, e por iso estamos a organizar os veciños”, continúa Rubido.

    Dende a asociación reiteran problema que implica este tipo de proxectos, é denuncian de novo o interese de Martín Códax en introducirse nesta parroquia para plantar viñedos en dúas zonas boscosas que superan as dez hectáreas. Tamén chaman á organización veciñal, asociativa e sindical para defender a terra dende abaixo.

    Veciños e veciñas da comarca na reunión realizada en Merín.

    Veciños e veciñas da comarca na reunión realizada en Merín.

    É evidente que a inmensa maioría da parroquia pensa que desta forma simplemente esnaquizan o sitio onde vivimos, e por iso estamos a organizar os veciños”, continúa Rubido. “Fixemos unha charla o venres pasado cunha participación moi elevada para a xente que vivimos aquí, e imos iniciar unha campaña para falar con todos os veciños e veciñas, tanto os que viven aquí coma os de fóra. E seguiremos a manifestar publicamente a nosa oposición a que instalen viñedos na nosa parroquia”.

    Nesta comarca sempre houbo viñedos, pero familiares e de pequeno tamaño. O Sindicato Labrego Galego manifesta tamén o seu rexeitamento a este tipo de proxectos que suporán un dano para a biodiversidade da zona. Non queremos grandes explotacións de viñedo industrial.