27/12/2024
Último FOUCE de 2024: NIN ALTRI NIN ACORDO UE-MERCOSUR
Quedan exactamente catro días para rematar o 2024, e no Sindicato Labrego Galego queremos pechalo e abrir o 2025 dicindo ben alto: NIN ALTRI NIN ACORDO UE-MERCOSUR.Por iso esta é a portada do último FOUCE deste ano [nº350], o noso periódico labrego de información técnica e sindical, correspondente aos meses de novembro e decembro. E sabedes o mellor? Que dende onte xa está de camiño ás vosas casas! Como sempre, nel atoparedes as últimas novas e reivindicacións do Sindicato Labrego Galego, así como entrevistas, información sobre axudas, anuncios e moito máis!