Novas

  • O Sindicato Labrego Galego chama a mobilizarse en A Coruña contra a firma do tratado UE-Mercosur

    O Sindicato Labrego Galego chama a mobilizarse en A Coruña contra a firma do tratado UE-Mercosur

    • 08,Xan 2026
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments
    • acordo ue-mercosur
    • Agroecoloxía
    • coruña
    • mercosur
    • mobilización
    • tratado ue-mercosur
    • UE-MERCOSUR
    • O tratado ameaza a soberanía alimentaria e a viabilidade da agricultura familiar en Europa e América Latina.

    • A mobilización, o luns 12 de xaneiro ás 12h en A Coruña, coincide coa data prevista para a firma do acordo.

    Galiza, 8 de xaneiro de 2026. O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) convoca unha concentración o vindeiro luns 12 de xaneiro, ás 12:00 horas, diante da Delegación do Goberno na Galiza en A Coruña (Praza de Ourense, 11. Ao lado do porto) para amosar o seu rexeitamento ao tratado de libre comercio entre a Unión Europea e o Mercosur.

    A Unión Europea e os países do Mercosur están a piques de asinar un acordo que vende a soberanía alimentaria de Europa e América Latina e que se pretende pechar ignorando o rexeitamento maioritario da sociedade e do sector agrario.

    O SLG, como membros da coordinadora internacional La Vía Campesina, sumámonos así ao rexeitamento que o movemento labrego está a amosar contra este tratado.

    Denunciamos que este acordo beneficia os intereses das grandes multinacionais e do agronegocio, mentres ameaza a viabilidade da agricultura familiar e labrega a ambos os lados do Atlántico.

    Defendemos unha transición agroecolóxica e a soberanía alimentaria. Este tratado vai en contra de ambas: pon en risco o acceso a alimentos saudábeis e prezos xustos.