As Cancelas

15/11/2012

Protestas na inauguración do centro comercial das Cancelas para denunciar os abusos da distribución e a parálise da Xunta como causas da crise do sector lácteo

Coincidindo coa inauguración do centro comercial As Cancelas en Compostela hoxe, 15 de novembro, celebrouse unha concentración gandeira para denunciar a situación crítica pola que está a atravesar o sector lácteo galego. A intención desta manifestación foi a de denunciar as prácticas abusivas da distribución na cadea de valor, que é unha das principais causas de que as explotacións galegas estean a vender o leite que producen a un dos prezos máis baixos da Unión Europea, e sinalar a Carrefour, que abre un novo hipermercado nesta área comercial, como un dos causantes directos desta problemática.

Ademais, coincidindo coa asistencia ao acto inaugural da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, os gandeiros e gandeiras presentes estenderon as súas críticas á Xunta de Galicia, pola súa inoperancia e pasividade á hora de buscar solucións a un problema que está levando á ruína ao principal motor económico do medio rural galego.

Deste xeito, deuse continuidade á campaña de mobilizacións levadas a cabo polas organizacións agrarias galegas que comezaron a principios deste verán.

03 As Cancelas

02 As Cancelas01 As Cancelas