novas datas protección medio ambiente

13/03/2025

Protección do Medio Ambiente: Normativas e lexislación (Curtis)

Os días 1, 3, 8 e 10 de abril, de 15h30 a 18h30, terá lugar a formación 'Protección do Medio Ambiente' - Normativas e lexislación, na Cooperativa Cusoviame, en Curtis. Non dubidedes en apuntarvos a este curso gratuíto que organizamos dende o Sindicato Labrego Galego e COAG, tan urxente e necesario!

Inscricións: teixeiro@sindicatolabrego.gal e 981 789 781

Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.