Mapa para directorio web

17/04/2024

Produción labrega agroecolóxica

Somos labregas e persoas que producimos alimentos e entendemos a agroecoloxía como unha forma de vivir e de relacionarnos co noso contorno. É o noso camiño para avanzar cara a soberanía alimentaria. Entendemos a agroecoloxía como un proceso de transformación, persoal e colectivo, e vai máis alá da aplicación de técnicas ou prácticas agroecolóxicas. Por iso consideramos imprescindíbel facer chegar os nosos alimentos, sans, agroecolóxicos e locais á cidadanía, e esta é unha das múltiples ferramentas coas que contamos.

Este directorio de recursos agroecolóxicos irase actualizando e ampliando con tendas, mercados e outros espazos de venda ou intercambio agroecolóxico.

PRODUCIÓN LABREGA AGROECOLÓXICA (SLG-CCLL)