PresentaciónDecLeiMontes

20/03/2025

Presentan unha declaración por unha Lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías sociais

Reproducimos o comunicado emitido pola Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común tra-la presentación da declaración “Unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorias sociais do noso Pais”, subscrita por distintas organizacións sociais, entre elas o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. 

A Organización galega de  comunidades de montes arropada polas organizacións sincicais e ecoloxistas, Adega, Cig, Ecoloxistas en Acción, Fruga, Ingateco, Orgaccmm e o SLG presentaron, en Compostela,  unha declaración conxunta por “Unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorias sociais do noso Pais” e informar do calendario da reunión cos partidos políticos e coa Federación Galega de municipios e provincias.

Unha declaración que ao contrario da privatización que pretende a Consellaría do medio rural, esixe que a futura lei de montes veciñais debe reforzar o carácter xermánico de estas terras e facilitar a sua posta en valor de xeito multifuncional e sustentabel.

Os montes veciñais en man común ocupan 1⁄4 do territorio galego e 1⁄3 da superficie catalogada como monte. Conforman unha titularidade singular de Galiza por ser titularidades de carácter xermánico. Son terras inalienábeis, imprescriptíbeis, indivisíbeis e inembargábeis e sen asignación de cotas. A titularidade dos montes veciñais en man común corresponde-lle sempre a veciñanza comuneira (persoas que viven no lugar, aldea ou parroquia, onde se asenta o monte veciñal), non entendida como ente administrativo, senón como un grupo social.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería reforzar o carácter xermánico de estas terras e recoñecer a titularidade veciñal como unha mais, distinta en pé de igualdade, coas titularidades públicas e privadas. Porén a Consellaría do medio rural pretende mediante a nova lei permitir a privatización dos montes veciñais para engregarllos á industria madereira.

Por iso, a Organización galega de comunidades de montes arropada polas organizacións sindicais e ecoloxistas do país (Adega, Cig, Ecoloxistas en Acción, Fruga, Ingateco e o SLG) presentaron en Compostela  unha declaración conxunta por “Unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorias sociais do noso Pais”, para esixir que a futura lei de montes veciñais debe reforzar o carácter xermánico de estas terras e facilitar a súa posta en valor de xeito multifuncional e sustentabel. 

Declaración completa accesible neste enlace: https://www.orgaccmm.gal/comunicados/por-unha-lei-de-montes-vecinais-ao-servizo-da-vecinanza-comuneira-e-das-maiorias-socias-do-noso-pais/