sementeira feminista 11 de xullo web

05/07/2024

Obradoiro de sensibilización sobre a aplicación da Lei de Dependencia

O Sindicato Labrego Galego organiza un obradoiro de sensibilización sobre a aplicación da Lei de Dependencia, o vindeiro xoves 11 de xullo, de 11h a 14h, no Centro Multiúsos, Longas, s/n - 36130 - Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

A formación, impartida por Margarida Prieto Ledo, forma parte do programa Sementeira Feminista - Proxecto de sensibilización e prevención das violencias machistas e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no teléfono 659 211 523 ou neste formulario online.

cartaz sementeira feminista 11 de xullo