02/07/2024
Obradoiro de dereito á saúde
A Asociación Labregas, en colaboración co Sindicato Labrego Galego e o financiamento da Deputación da Coruña, organiza este xoves 4 de xullo un obradoiro de dereito á saúde, en Ordes, no marco do programa Feminismo e Terra, programa de Sensibilización e de Loita contra a Violencia Machista. A formación estará impartida por Concha Fernández, psicóloga e terá lugar no Museo do Traxe, Praza do Campo Feira, 5, 15680, no horario de 17h a 20h.
As inscricións están abertas no teléfono 649 88 62 67 ou no formulario https://goo.su/sF0wOR