Novas

  • O último FOUCE do ano vai de camiño ás vosas casas!

    O último FOUCE do ano vai de camiño ás vosas casas!

    • 30,Dec 2025
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments

    Un número para nós moi especial, no que encontraredes unha crónica do XI Congreso do Sindicato Labrego Galego, que tivo lugar en Lalín o 29 de novembro, e entrevistas á nosa Secretaria Xeral, María Ferreiro Santos; e ao Secretario de Acción Sindical, Brais Álvarez López.

    Ademais, entre outros contidos, realizamos unha reportaxe onde analizamos o sector do viño, carne, leite, sector vexetal, apicultura e as enfermidades actuais no agro galego.

    Como en cada edición, atoparedes as últimas novas e reivindicacións do Sindicato Labrego Galego, así como sección de notas breves, información sobre axudas, anuncios e moito máis!

    Podedes consultar a versión dixital AQUÍ.

    fouces 355 - imaxes