12/11/2024
O TEU SEGURO DA VIÑA NO SINDICATO LABREGO GALEGO
As viñas que estean inscritas nos Rexistros Vitícolas teñen dereito a contratar un seguro para viña que protexa a súa produción e plantación ante riscos como por exemplo pedrazo e xeada, fauna silvestre, inundación ou chuvia persistente, incendio, vento afuracanado ou murcha fisiolóxica. Podemos contratar: outono entre o 1 de novembro e o 20 de decembro ou en primavera entre o 15 de xaneiro até abril.