IBI

08/10/2008

O SLG pon a disposición dos MVMC afectados un modelo de alegación ao cobro do IBI

Na mañá de hoxe, o Sindicato Labrego Galego canda representantes de Montes Veciñais en Man Común (MVMC), denunciaron en rolda de prensa en Lugo o cobro que se está a efectuar ós MVMC de Samos, Láncara, O Páramo, Incio, Sarria, Navia de Suarna e As Nogais. 

Malia que a Lei 13/89 do Parlamento de Galiza, Lei de Montes Veciñais en Man Común, especifica no seu Art..2 que os montes veciñais en man común non están suxeitos a ningunha contribución de base territorial, varias administracións locais da provincia de Lugo estanlles a facer efectivo o cobro do Imposto de Bens Inmobles (IBI). 

Tras transmitírsenos este feito, o SLG procede á posta en coñecemento público do mesmo, e proporciona aos MVMC afectados un modelo de alegación co obxectivo de solicitar a baixa no I.B.I de devanditas comunidades, así como a devolución de todas as cotas aboadas. 

Moitas grazas pela vosa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON:
Charo Sánchez Parga, Secretaria de Medioambiente, Terra e Montes 
TLF: 669 651 700 
Benxamín Valboa, Presidente da Mancomunidade de Montes de Toca (Samos) 
TLF: 678 786 453 
Manolo Díaz, Presidente da MVMC de Lamagrande (Láncara) 
TLF: 610 388 742

O SLG pon a disposición dos MVMC afectados un modelo de alegación ao cobro do IBI