Novas

  • O SLG organiza unha xornada de PRL Agropecuario centrada na viticultura

    O SLG organiza unha xornada de PRL Agropecuario centrada na viticultura

    • 17,Ago 2026
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments

    O Sindicato Labrego Galego impartirá o próximo 24 de agosto unha formación de tres horas sobre saúde laboral e prevención de riscos no sector vitivinícola, no centro da ONG Rescate en O Porriño.

    O Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza unha nova xornada formativa en Prevención de Riscos Laborais (PRL) Agropecuario, dirixida especificamente ás persoas traballadoras do sector da viticultura. A actividade terá lugar o vindeiro 24 de agosto, no centro da ONG Rescate, en O Porriño, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

    A formación, de tres horas de duración, estará impartida pola profesora María Montenegro Pérez e abordará contidos relacionados coa saúde laboral e a prevención de riscos no ámbito vitivinícola.

    Contidos da formación

    Ao longo da xornada traballaranse aspectos como a vixilancia da saúde e as revisións médicas das persoas traballadoras, a promoción de hábitos de vida saudables no contorno laboral, e a prevención dos principais riscos asociados ás tarefas propias do sector da viticultura.

    Ao rematar a formación, as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo de participación, expedido polo SLG.