Manifestación Zaragoza

17/04/2009

O SLG estará presente na manifestación por unha agricultura e alimentación libres de transxénicos mañá en Zaragoza.

A semana global de loita antitransxénica (do 13 ao 18 de abril) culminará, no que atanxe ás mobilizacións dentro do Estado español, coa grande manifestación que terá lugar mañá ás 12,00 en Zaragoza co lema “Por unha agricultura e alimentación libres de transxénicos”.

  Na presente semana -do 13 ao 18 de abril-, numerosas organizacións en todo o mundo realizaron iniciativas e actos reivindicativos en contra da política de apoio aos organismos xenéticamente manipulados que amosan a maioría dos gobernos.

 Esta semana de loita antitransxénica culminará, no que atanxe ás mobilizacións dentro do Estado español, coa grande manifestación que terá lugar mañá ás 12,00 en Zaragoza co lema “Por unha agricultura e alimentación libres de transxénicos”.

 Malia a estaren prohibidos e moitos países -nesta mesma semana prohibiuse o millo MON810 en Alemania- o Estado español segue a facilitar a súa expansión, poñendo en perigo a nosa saúde e o noso medio ambiente en favor dos intereses dunha presa de multinacionais.

 Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, acudirá á manifestación de Zaragoza canda a representación galega coordenada pola Plataforma Galega Antiransxénicos, da que o Sindicato Labrego forma parte.

 

Buses antitransxénicos

 Na noite de hoxe dous autobuses partirán do norte e sur do país, respectivamente, cara a mobilización de Zaragoza.

 Os labregos e labregas e os consumidores e consumidoras temos o dereito e a responsabilidade de coñecer e de decidir como e onde se producen os nosos alimentos e apostar por un modelo de agricultura sostíbel e seguro e non ao servizo dos grandes beneficios das multinacionais farmacéuticas e da alimentación.

 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG

TLF: 619 348 426

Charo Sánchez Parga, representante do SLG

na Plataforma Galega Antitransxénicos

TLF: 669 651 700

 

 

Mani Zaragoza