O Sindicato Labrego participou na Semana Galega do Comercio Xusto
Entre o 10 e o 18, celebrouse a XI Semana Galega do Comercio Xusto que, desta vez, estivo centrada nos tratados de libre comercio e na privatización dos dereitos e dos recursos que estamos a sufrir, de xeito crecente, nos últimos tempos; e contou coa organización de Amarante e a participación, entre outras organizacións, de Verdegaia e do Sindicato Labrego Galego.
Entre as actividades feitas durante esta semana houbo un mercado transparente, que se celebrou en Compostela, Pontevedra, Vigo, Ou-rense e Ribadeo. Con este mercado, produtores e produtoras do SLG venderon directamente os seus produtos e, de paso, informaron á cidadanía sobre os abusos que se dan nos mercados convencionais, nos que se producen situacións de auténtica inxustiza entre o que se cobra en orixe e o que lle cobran aos consumidores e consumidoras finais.
Ademais, compañeiras do SLG como Lidia Senra ou Isabel Vilalba participaron en diversas mesas redondas enmarcadas na programación deste evento.
Problemas de funcionamento no MELLES, erros na Orde publicada e escaso prazo de solicitude, principais obstáculos. Esiximos que se manteña a posibilidade de solicitar plans de mellora ás persoas solicitantes da axuda na campaña anterior
Ao igual que sucedeu cas axudas á produción ecolóxica, a Xunta orzamentou de xeito deficiente estes fondos públicos. As estatísticas alertan da falta de relevo xeracional: 6 de cada 10 labregas/os estarán xubiladas no ano 2030
A documentación do FOGGA confirma que a CMR eliminou as axudas ZLN, tanto para as explotacións de carne como de leite. Esiximos á CMR que devolva os 8 millóns de euros de axudas públicas PAC que até o dagora chegaban a 8.255 granxas galegas