xornada granxas abertas web

03/07/2024

O Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada de Granxas Abertas o 10 de xullo en Portomarín

Dentro dunha semana, o mércores 10 de xullo, terá lugar unha nova edición da xornada de Granxas Abertas, nesta ocasión en Portomarín, dende as 10:30h até o fin da tarde. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse chamando ao 982 231 154 ou cubrindo este formulario online.

Programación:

• 10:30 - Quedada diante do Mesón do Loio

• 11:00 - Campo do Loio, proxecto de mel da man de Iago

• 12:30 - Granxa ecolóxica de leite de vacas en pastoreo con Ovidio

• 13:45 - Adega de Cabanas, Sandra ensinaranos o seu furancho, un proxecto de Economía circular, "dende a terra ata a mesa". Unha granxa diversificada (horta, viñedos, animais, froiteiras...) coa que abastece o seu furancho

• 15:00 - Xantar compartido (trae algo para compartir!)

• 17:00 - Presentación da asociación As espigadoras que loita pola preservación dos oficios tradicionais dende o rural e debate

GRANXAS ABERTAS