Novas

  • O Sindicato Labrego Galego mostra a súa preocupación pola pasividade da Consellería de Medio Rurral ante a negociación en Europa da PAC máis alá do ano 2027

    O Sindicato Labrego Galego mostra a súa preocupación pola pasividade da Consellería de Medio Rurral ante a negociación en Europa da PAC máis alá do ano 2027

    • 08,Set 2026
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments

    ● O SLG acaba de rexistrar o pasado 31 de Agosto no Ministerio de Agricultura , Pesca e Alimentación ( MAPA) as súas alegacións a proposta marco da Comisión Europea e a OMC a través do cuestionario elaborado polo MAPA. Foron achegadas tamen a Consellería de Medio Rural para que tiveran constancia das mesmas

    ● O SLG mostra unha fonda preocupación ante o silencio sistemático da Consellería de Medio Rural nesta fase do debate Europeo sobre a proposta marco da futura PAC. Interpelando a mesma para que dea explicacións de que traballo de incidencia esta facendo a nivel estatal e Europeo e cumpra cos seus compromisos como a convocatoria periodica da comisión de PAC aprobada en Decembro de 2025 no marco do Consello Agrario Galego

    Para o Sindicato Labrego Galego actualmente está en xogo o futuro máis ala do ano 2028 de milleiros de granxas de todos os sectores de Galicia. Actualmente está na fase final de elaboración e debate a proposta marco da Comisión Europea para a PAC máis ala do ano 2028.

    O proceso de debate e negociación que se iniciaba en Xullo do ano 2025 coa publicación do primeiro borrador da proposta marco por parte da Comisión Europea presidida por Ursula Von Der Leyen esta chegando o seu remate no marco Europeo, para logo trasladarse o marco dos estados membros da UE. Para o SLG estamos ante “ a fase máis decisiva para saber que PAC teremos entre os anos 2028 e 2034 e sobre todo no momento de pelear por un marco Europeo cumpra coas nosas expectativas para a PAC futura.”

    Por iso dende o Sindicato Labrego Galego veñen de rexistrar diante do MAPA as suas alegacións e achegas o borrador de marco proposto pola Comisión Europea a través dos propios cuestionarios que elaborou o MAPA para escoitar e recoller a voz de todo o sector. Para o SLG “Tentar levar a nosa voz e fundamental para camiñar cara unha PAC que nos sexa útil no noso país e que garanta a viabilidade económica na próxima década”.

    Dende o SLG destacan que froito do debate interno e da aprobación xa no pasado mes de Febreiro dun posicionamento público sobre como tería que ser a futura PAC fixeron chegar aportacións tendentes a garantir que a PAC chega a quen esta producindo alimentos no territorio,

    contribue a regulación dos mercados, garante a renda digna das persoas labregas, contribue a conservación do medio ambiente e dun medio rural vivo.

    Destacan dende o SLG que fan fincape no que é a base da súa proposta, garantir un pago directo por agicultor/a activo/a e non basear os pagos directos en base a superficie “ é preciso que a PAC vaia a quen de verdade coida o medio e produce alimentos, actualmente temos un sistema terriblemente inxusto onde se non tes unha gran extensión de terra non cobras moitos dos pagos da PAC”, neste sentido consideran que o sistema actual de PAC perxudica moito a Galicia e a cornixa cantabrica, onde a base territorial e “ escasa” e salientan que “Galiza é o único territorio do estado español que ten máis cotizantes a seguridade social agraria que solicitantes PAC”. E que os datos amosan claramente a ollos do SLG como o sistema actual de PAC e desigual para a realidade de Galicia e como esta actualmente non serve para cumprir cos obxectivos se lle asignaron na súa creación a través do Tratado de Roma en 1962 “ Se no resto do estado español practicamente 1 de cada 2 beneficiarios da PAC a súa actividade principal non é a actividade agraria, no caso de Galiza e a inversa case 1 de cada 2 cotizantes a seguridade social agraria quedan fora da PAC en especial sectores como o viño, a horta e a apicultura. Esta anomalia é contrario os principios fundacionais da PAC en 1962: Incrementar a produción agraria, nivel de vida digno para as persoas productoras, estabilizar os mercados e prezos razonables garantindo o abastecemento”.

    UNHA PROPOSTA DA PAC MOI LONXE DE CUMPRIR COAS EXPECTATIVAS DO SECTOR

    Dende o SLG mostran a súa preocupación coa dirección que esta a coller a nova PAC e consideran fundamental que é o momento de facer forza para intentar que a proposta se axuste as necesidades do sector. Neste sentido salientan que a proposta da Comisión Europea supón un importante retroceso para as granxas de toda Europa, onde destacan a redución presupuestaria e a suposta eliminación das axudas para o desenvolvemento Rural como duas das propostas máis preocupante do marco que se está a debatir en Bruselas “ a proposta de PAC feita esta moi lonxe de cubrir as demandas do sector e no noso caso vai supor un forte recorte dos fondos que as granxas van percibir”. Neste sentido salientan que a proposta so constata como para a UE a produción de alimentos en territorios da UE deixa de ser unha prioridade para Bruxelas e que de non mudar a orientación e camiñar cara unha PAC e uns regulamentos da OMC axuden a regular os mercados e garantir rentas dignas vai supor que en toda Europa sigan a pechar milleiros de granxas e afondar no abandono das zonas rurais.

    CRITICA A DESPREOCUPACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL ANTE A SITUACIÓN

    O SLG o mesmo tempo fixo chegar as suas aportacións e enmendas os cuestionarios formulados polo MAPA e facer así chegar a súa voz a negociación en Bruxelas, remitiu estas a Consellería de Medio Rural para que sexan tidas en conta pola mesma. Do mesmo xeito preguntan a Consellería de Medio Rural que traballo fixo neste sentido para “tentar levar a voz e reivindicación das labregas galegas a Bruselas”. Sinalan dende o SLG que teñen constancia estes cuestionarios foron remitidos as administracións autonómicas por parte do Ministerio para tamén recoller o seu sentir a hora de preparar o debate en Bruselas , pero que a estas horas “ non temos constancia ningunha de que aportou ou se se fixo algo dende a CMR, algo ademais que contradice os acordos alcanzados no propio Consello Agrario Galego onde a finais do ano pasado se aprobou a creación dunha comisión de traballo coas organizacións agrarias para abordar a negociación dun xeito colectivo e facer unha posición de forza dende o noso país, comisión que so se reuniu unha vez en 8 mesmes”.

    Por iso esixen a CMR que con caracter inmediato convoque este órgano para avaliar a situación

    actual e facer un traballo conxuto permita chegar a acordos e ter unha voz propia en Bruselas nun momento, según o SLG, está en xogo o futuro do sector primario no noso país.

    Recordan tamén dende o SLG que actualmente están a debate as máis de 4000 enmendas que os distintos grupos parlamentarios do Europarlamento fixeron o texto proposto pola Comisión Europea, e que actualmente se atopan analizandoas no SLG a través da ECVC coa intención tamén de manter unha interlocución a nivel do parlamento europeo.

    Por último salientan dende o SLG que a pasividade xeral que mostra a CMR ante este debate, xuntaselle a absoluta falta de información que esta está a ter co conxunto do sector, o que é unha mostra máis do pouco que lle interesa o actual goberno da Xunta de Galicia unha cuestión tan importante como a PAC. Neste sentido resaltan dende o SLG que rematado o análise de toda a documentación e mantida ainterlocución en todos os niveis realizaran asemblea comarcais con todo o sector co fin de trasladar a siuación do debate e barallar accións tendentes a que sexan tidos en conta. “ A Consellería actualmente non ten goberno ningún, e semella que vontade ningunha en defender os intereses do sector en Bruselas e Madrid, viven na autocomplaciencia para manter o seu chiringuito pero traballo polo sector 0, esiximos se poñan o fronte neste momento e cumpran coas súas obrigas”.