
19/04/2009
O Sindicato Labrego Galego esixíu onte en Zaragoza o dereito a unha agricultura e alimentación libres de transxénicos
Na mañá de onte tivo lugar en Zaragoza a primeira manifestación históricamente multitudinaria na contra dos organismos modificados xenéticamente (OXM´s) celebrada no Estado español.
Tras o percorrido, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, deu lectura ao manifesto canda un labrego aragonés que recentemente sufríu a contaminación da súa plantación de millo ecolóxico por mor do millo transxénico da multinacional Monsanto.
Charo Sánchez Parga, Secretaria de Medioambiente, Terra e Montes no SLG e representante do Sindicato Labrego Galego na Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) canda Analía Moares, representante de Amigas da Terra na PGA, sostendo un cadaleito como representación da morte da agricultura tradicional a mans das multinacionais da biotecnoloxía.
(*) máis fotos na galería
Na mesma semana en que Alemaña vén de prohibir o millo transxénico MON810, do cal o Estado é o maior produtor de Europa con máis de quince mil hectáreas sementadas, ao redor de seis mil persoas chegadas de tódalas partes da Península amosaron o seu firme rexeitamento aos modelos de produción alimentares baseados na manipulación xenética e o emprego de fortes pesticidas imposto polas multinacionais da alimentación e da industria farmacéutica.
Dende a Galiza, unha delegación de setenta persoas acudiron en representación do Sindicato Labrego Galego (SLG) -unha das organizacións convocantes da mobilización-, a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) e a Rede Anticapitalista Galega (Ra!).
Consignas como “ En Aragón, transxénicos non”, “Queremos descendentes e non mortos viventes”, “Na Galiza, sen transxénicos”, “Elena Espinosa, adícate a outra cousa” ou “Labregas somos, labregas seremos e contra a Monsanto nós poderemos” foron acompañadas polas galegas e galegos, desprazados a Zaragoza da man do SLG e PGA, con música, disfraces e mesmo un cadaleito co que simbolizaron a morte da agricultura tradicional por mor do apoio dos gobernos e empresas a un modelo de produción alimentar industrial.
Tras o percorrido, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, deu lectura ao manifesto canda un labrego aragonés que recentemente sufríu a contaminación da súa plantación de millo ecolóxico por mor do millo transxénico da multinacional Monsanto.
Aragón foi definido como a “zona cero” da produción transxénica por parte das organizacións labregas, sociais e ecoloxistas do Estado presentes en Zaragoza.
OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, TLF: 619 348 426 Charo Sánchez Parga, Secretaria de Medio Ambiente e Agroecoloxía no SLG e representante do Sindicato Labrego Galego na Plataforma Galega Antitransxénicos TLF: 669 651 700
|
Enlaces á nova nos medios de comunicación:
http://www.elcorreogallego.es/gente-y-comunicacion/ecg-h/colectivos-gallegos-protesta-zaragoza-transgenicos/idEdicion-2009-04-19/idNoticia-417762/
http://www.20minutos.es/imagen/952158
http://www.rtve.es/mediateca/videos/20090418/zaragoza-manifiesta-contra-los-transgenicos/481269.shtml
http://www.elcorreogallego.es/gente-y-comunicacion/ecg-h/colectivos-gallegos-protesta-zaragoza-transgenicos/idEdicion-2009-04-19/idNoticia-417762/
http://www.heraldo.es/index.php/mod.noticias/mem.detalle/idnoticia.45405
http://www.europapress.es/galicia/noticia-100-representantes-colectivos-gallegos-participaron-zaragoza-manifestacion-contra-transgenicos-20090418194030.html
http://www.elperiodicodearagon.com/noticias/noticia.asp?pkid=492116
http://es.euronews.net/2009/04/18/varios-miles-de-personas-se-manifiestan-en-espana-contra-el-maiz-transgenico/
http://www.mokanews.es/d/A57D2D0C-B820-47C5-BAE5-4E1BCC13351E/manifestacion-en-zaragoza-contra-los-transgenicos