Novas

  • O Sindicato Labrego Galego denuncia manipulación informativa do alcalde de Abadín sobre as plantas de biogás

    O Sindicato Labrego Galego denuncia manipulación informativa do alcalde de Abadín sobre as plantas de biogás

    • 24,Ago 2026
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments

    O Sindicato Labrego Galego denuncia a manipulación informativa por parte do alcalde de Abadín, José María López Rancaño, tras coñecer unha nova carta remitida á veciñanza sobre as plantas de biogás proxectadas no municipio.

    Na súa carta, o alcalde afirma que a empresa promotora non presentou no Concello ningún proxecto de construción ou instalación das plantas, e que o único documento municipal existente é un informe ou cédula urbanística, sen valor de licenza ou autorización.

    O SLG desmente esta versión e asegura que existen dous expedientes en tramitación ante a Consellería de Medio Ambiente, un en Quende (Carina, expte. nº 2025-IPPC-I-64) e outro en Candia (Crux, expte. nº 2025-IPPC-I-63), para os que xa se emitiron informes de compatibilidade urbanística. Para elaborar eses informes, o propio Concello necesariamente coñeceu a localización, dimensións e características dos proxectos, polo que a súa negativa a recoñecer a súa existencia carece de fundamento.

    Desde o sindicato insisten en que, aínda que a empresa non presentase aínda o proxecto para a tramitación municipal, iso non equivale a que os proxectos non existan, e reiteran o seu chamamento á transparencia, ofrecendo ao alcalde acompañalo a consultar os expedientes na Xunta de Galicia.