Novas

  • O Sindicato Labrego Galego alerta da nefasta campaña 2026 que está a vivir o sector apícola e insta a Xunta de Galicia a actuar de inmediato.

    O Sindicato Labrego Galego alerta da nefasta campaña 2026 que está a vivir o sector apícola e insta a Xunta de Galicia a actuar de inmediato.

    • 01,Set 2026
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments
    • Chegados o remate da campaña de recollida do mel , dende o SLG constatamos como en moitos casos a produción se reduciu en máis dun 50%, o que compromete seriamente a viabilidade económica de centos de familias.
    • A seca e a vespa velutina cunha forte incidencia este ano principais causantes da merma tan acusada de produción deste ano.
    • No día de onte o SLG fixo chegar o Ministerio de Agricultura as súas propostas para a nova PAC, PAC que actualmente se esta a negociar en Bruselas nun momento importante para definir o futuro dela, nas mesmas achegas dende o SLG apostase decididamente pola inclusión dunha axuda asociada para a apicultura que permita subsistir as granxas apícolas

    Ben avanzada a campaña de esmelga no sector apícola constátase como a seca e a vespa velutina mermaron a produción en Galicia en máis da metade en relación o ano anterior. Se no ano 2025 podemos falar de case 4000 TM de mel recollida en Galiza neste 2026 dificilmente superaremos as 2000 TM. Esta merma tan acusada pon contra as cordas a viabilidade económica de centos de familias por todo o país, compre destacar máis de 500 familias teñen a súa principal fonte de ingresos na apicultura e en preto de 1000 familias máis do 25% dos seus ingresos proveñen de dita actividade. Aparte do papel medioambiental e de conservación do medio natural que fan os abelleiros e as abellas, esta merma de produción non ven máis que agrabar unha dificil situación que provoca corramos o risco centos de granxas apícolas do noso país teñan que pechar, os de por si baixos prezos se perciben no mel a granel, por debaixo de custos de produción influido pola cada vez maior importación de mel de 3 países como o Mercosur que contempla a entrada de 45000 TM o ano agora xuntase  a redución en máis dun 50% da colleita, polo tanto os escasos marxes existentes e a perda da metade da produción fai insostible o futuro de centos de familias.

    CONTROIS EN FRONTEIRA E CUMPLIMENTO DA LEI DA CADEA

    Estudos feitos a comezos de este ano, constataban como o prezo do mel a granel no estado español non superaba os 4€ kg cando o coste medio de produción se situaba por enrriba dos 5€ Kg, esta ralidade incumple a lei da cadea alimentaria, dende o SLG piden con caracter inmediato se calculen os custos de produción e se lexisle para que naide se vexa obrigado a vender seu mel por debaixo de custos de produción. Así mesmo seguen a denunciar a cada vez maior cantidade de suposto mel “ o chamado fraude de mel” que entra de 3 países no estado español e na UE “ no mes de Marzo mobilizabamonos para pedir que se controlara de forma física o suposto mel entraba na UE, naquel momento so o 15% do mel entraba se lle facía control físico e nese 15% constatamos que máis da metade era mel fraudulenta, seguimos sin ter noticias esto cambiara e que se aumentaran estos controis, ademaís non podemos entender como podo entrar mel a menos de 1,50€ nas nosas fronteiras, que isto pass so supón unha cousa que as distribuidoras amparadas polos gobernos de todo o mundo arruinan mediante o dumping as persoas abelleiras de aqui e do páis de orixe mentras as ganancias van os de sempre”.

    VESPA VELUTINA, SECA, INCENDIOS E VARROA DESTRUCTOR

    Dende o SLG valoran como as causas para este descenso drástico da producción 3 factores fundamentais e que precisan dunha resposta por parte da administración “ se non queremos correr o risco de que estes factores se leven o sector apícola galego por diante”. Para o SLG a seca dos últimos meses fixo que as abellas non tuveran onde recolectar nectar e se non hai nectar non hai mel, a seca provoca as floracións sexan mais curtas e polo tanto as abellas non son quen de producir,ademaís recordan que en grandes zonas do país os incendios do ano pasado fixeron que as abellas non tuveran nada que comer a esto hai que sumarlle un inverno cunha elevada tasa de mortaldade en gran parte ocurrida pola cada vez maior resistencia os tratamentos da varroa destructor “acaro que debilita as abellas provocando un colapso da colonia en días e o que estamos vendo e que cada vez é mais dificil combatila porque os tratamentos existentes son cada vez menos efectivos e ademais o aumento das temperaturas está provocando non existan paradas na posta como antes que era un mecanismo natural de control da varroa, co cal o cambio climático esta enfermando máis as nosas colonias o cambiar os seus propio ciclos vitais”.

    Pero para o SLG si algo lle preocupa especialmente é o aumento desmesurado en moitas zonas que esta a ter a vespa velutina donde en moitos casos atacou as colonias ata 40 dias antes do habitual e provoca fortes perdas económicas o provocar directa e indirectamente a morte das colonias “e frustrante ver como non podes facer nada para defender as tuas abellas dun depredador, e ademais e moi frustrante levar máis dunha década denunciando esta situación e que administración nunca se sentara co sector para buscar solucións e camiñar todos na mesma dirección, é un problema social non so dos abelleiros pero no noso caso podemos constatar como todoso os anos provoca entre 2000 e 4000€ de perdas so nunca granxa apícola de 200 colonias, esto é inasumible ano tras ano é o momento de unirse e esixir solucións reais a quen ten a competencia e o mandato de gobernar”

    UNHA GRAN FRONTE SOCIAL

    É polo exposto anteriormente que o SLG leva xa fai máis dun mes traballando para unir todo o sector e facer forza diante da Consellería de Medio Rural para esixir solucións “ o pasado 18 de Agosto convocamos unha xuntanza en Compostela onde se convocou a maioría das asociaciósn apícolas e as  organizacións agrarias co fin de crear un gran fronte común para esixir solucións tanto pola cuestión da vespa velutina como facer fronte as perdas que ano tras ano estamos a sufrir”.Dende o SLG destacan a importancia da unidade para conseguer os obxectivos “so con unidade de todas as partes do sector e incluso máis axentes da sociedade consiguiremos ser escoitadas e que as administracións tomen medidas contras esta praga nos vai barrer do mapa”.

    Desa primeira xuntanza destacan dende o SLG a boa sintonia coas organizacións participantes  en crear unha fronte común cun manifesto onde se demande maior investigación para combater a velutina, axudas específicas , loitar por ter un peso específico na próxima PAC e que a Consellería de Medio Rural convoque unha mesa permanente do sector “acordamos seguir a traballar de xeito conxunto cunha xuntanza a primeiros de setembro onde falariamos coas organizacións non puideron vir a esta primeira xuntanza, este xoves día 3 temos esta segunda xuntanza agardamos que se sumen todas as organización afectadas e camiñar da man cara a publicación dun manifesto conxunto co que petar na porta da Consellería e Concellos e camiñar tamén da man cara outras accións mobilizadoras si é preciso este Outono”

    A APICULTURA NA PRÓXIMA PAC

    Dende o SLG tamén salientan durante a xornada de onte fixeron chegar o Ministerio de Agricultura as súas respostas os cuestionarios sobre os regulamentos europeos da PAC e da OMC, en relación a apicultura, salientan dende o SLG que fixeron especial fincape en que a apicultura ten que ter unha axuda asociada próxima no próximo periodo como teñen outros sectores como o vacún de carne e o vacún de leite “ para nós é fundamental se inclua a apicultura no estado español como unha actividade que poida ter unha axuda asociada a produción, somos unha parte fundamental para a polinización e o mantemento dos sistemas ecosistémicos, é por tanto necesario que se nós inclúa nas axudas asociadas si queremos siga habendo xente producindo mel e coidando das abellas”.

    Para o SLG agora mesmo estase debatindo en Bruselas o futuro da apicultura nós vindeiros anos, é o momento de apretar para ser escoitadas e tidas en cont, si o cámbio climático reduciu en 10 anos as colleitas nun 50% o lóxico e que se nós axude cunha axuda vinculada a produción para poder sobrevivir.