Entroido no Mercado de Teo

26/02/2014

O Mercado de Alimento Labrego de Teo celebra este sábado, 1 de marzo, a Festa do Entroido

Os compañeiros e compañeiras que dan vida ao Mercado de Alimento Labrego de Teo cada sábado, teñen preparada unha xornada especial para o 1 de marzo, coincidindo coa celebración do entroido, Premios, disfraces e petiscos na cantina, cos doces e manxares propios desta época do ano, dará cor e sabor a esta feira nos arrabaldes composteláns. De seguido, compartimos con vós a invitación que nos fixeron chegar:

Estamos no tempo do entroido, no mercado de alimento labrego de Teo nos Tilos queremos celebralo con vós, mais para que estivese en consonancia coa filosofía do mercado, xa que defendemos o produto local, queriamos que houbese unhas mascaras tradicionais. Nós queremos que ao mercado se acerquen nenas e nenos, mozas e mozos coa idea de potenciar a nosa tradición do entroido.

O noso chamamento é complicado, pois queremos que a xente se faga os seus disfraces, xa que o noso entroido, o que queremos, é aquel que resalta a tradición de inverter o papel que nos tocou vivir, o home por un día convertese en muller e a muller en home, o novo en maior e o vello en rapaz, os ricos vístense de trapos e os pobres de traxe, as mascaras son autoridade e os non disfrazados poden sufrir bromas.

O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, ir co ton de critica contra todo, é dicir, as cousas que non se fan habitualmente.

Por iso, no mercado queremos que vaimos disfrazados, pero con vestimentas pedidas ou feitas, non mercadas, con temas relacionados cos mercados tradicionais, co mundo rural e co mundo labrego.

Para as nenas e nenos que veñan cun disfrace feito na casa e con temática rural ou tradicional haberá algunha doce sorpresa. Para as persoas maiores que se acheguen tamén dun xeito de entroido, daremos na cantina unha rifa para entrar nun sorteo dunha cesta especial de produtos do mercado.

E coma dentro da filosofía do Entroido está a de comer e beber ata o límite. En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, e no mercado poremos todo da nosa parte para ter na cantina moitas das cousas tradicionais destas datas por 1 euro.

Festa do Entroido en Teo