
11/03/2025
O primeiro Fouce do ano vai de camiño ás vosas casas con moitas novidades!
O número 351 do periódico labrego de información técnica e sindical FOUCE, correspondente aos meses de xaneiro e febreiro, xa está de camiño ás vosas casas. Nel atoparedes as últimas novas e reivindicacións do Sindicato Labrego Galego, así como entrevistas, reportaxes, sección de notas breves, información sobre axudas, PAC 2025, anuncios e moito máis! Estamos moi felices de contarvos que neste 2025 estreamos nova sección: ‘Lecer na aldea’. Neste número recomendamos o libro ‘Uma história pequena da Galiza Rural (1939 – 1982)’, da historiadora Alba Díaz Geada (Através Editora, 2024). Tamén incluímos un encrucillado e até unha sopa de letras! Para non perder!