
05/06/2024
O Encontro Burla Verde celebrarase o 14 e 15 de xuño no Courel
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas volverá a participar nesta segunda edición do Encontro en Defensa da Terra cun posto
Este ano o encontro autoorganizado e autofinanciado Burla Verde celébrase nun prado na parroquia de Esperante, no Courel: https://maps.app.goo.gl/GBm1PzibFFRRD8NW7
A entrada ten un custo de 5€ e pódese adquirir nos seguintes puntos de venda:
- A Corunha: Libraría Tobeira
- Alhariz: CS A Alvariça
- Cerdedo: Bar O Comareiro
- Compostela: CS A Gentalha do Pichel
- Ferramulín: Taberna da Manuela
- Folgoso: Supermercado Urbarza
- Lalín: Libraría Nigraponte
- Lugo: Bico de Grao S. Coop.
- Monterroso: Argalleiras Creacións
- O Barco de Valdeorras: Bar Os Barbudos
- Ourense: Bar O Moucho
- Palas de Rei: Casa do Outeiro
- Pobra do Brollón: Bar O Pirata
- Pontevedra: CS A Pedreira
- Quiroga: Libraría Celia
- Seoane: Bar Rafael
- Vigo: Árbore S. Coop.
- Vilar de Santos: Espaço cultural A Arca da Noe
Este territorio fai parte da Rede Natura, e por este motivo non se conta cun espazo de acampada gratuíta. Queres aloxarte? A zona dispón de varios tipos de aloxamentos: acampamento, hostais, casas rurais:
Se tes algún tipo de necesidade no que respecta ao acceso e á mobilidade, ou outra diversidade podes contactar con: encontroburlaverde@gmail.com
O Burla verde é un encontro autoorganizado e autofinanciado, no que as persoas participantes nas charlas, concertos e demais actividades non levan lucro económico. Todo o recadado repártese entre distintas colectivas en loita pola defensa do territorio. Por iso, nos puntos de venda tamén haberá rifas solidarias para poder facer aportacións en caso de querer colaborar co evento aínda que non poidades vir ao Courel o día 15. Entre todas as participantes sortearase unha cesta con produtos locais da Serra do Courel.