Novas

  • O diferencial entre a uva colleitada e o viño comercializado pon en evidencia o desequilibrio estrutural da DO

    O diferencial entre a uva colleitada e o viño comercializado pon en evidencia o desequilibrio estrutural da DO

    • 19,Xuñ 2026
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments
    • José Antonio Presa e Cristina Carrera, vogais do SLG no Consello Regulador, subliñan que é imprescindible que a Xunta execute o mandato aprobado antes de que arrinque a campaña
    • A calificación da añada 2025, cualificada como moi boa, contrasta coa incerteza que afrontan os produtores ante a vendima de 2026

     O  Pleno  do  Consello  Regulador  da  Denominación  de  Orixe  Rías Baixas    aprobou    hoxe    por    unanimidade    o    rogo    presentado    polo    Sindicato    Labrego Galego-Comisións Labregas para que a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), fixe de maneira oficial os custos mínimos de produción de uva dentro da DO antes da próxima vendima. O obxectivo é que as viticultoras e viticultores poidan negarse a asinar ou denunciar contratos de compravenda por debaixo deses mínimos, garantindo así que non se vende a perdas.

    José Antonio Presa, primeiro vogal do SLG no Consello Regulador, e Cristina Carrera, segunda  vogal,  presentaron  o  rogo  en  nome  do  sindicato  ante  o  Pleno.  Ambos  destacaron  que  a  aprobación por unanimidade supón un respaldo inequívoco da DO á demanda do sector produtor,  e que agora “corresponde á Xunta de Galicia cumprir co mandato aprobado antes de que comece  a campaña”.

    Esta iniciativa enmárcase nunha traxectoria de mobilización do SLG en defensa das condicións económicas  das  viticultoras  e  viticultores.  Nos  últimos  meses,  o  sindicato  veu  denunciando  publicamente o desequilibrio estrutural que atravesa a DO: o aumento das hectáreas plantadas nos últimos anos levou á DO a unha situación na que as colleitas  non  paran de  crecer.

    Ante  este  escenario, o SLG advertiu  de  que  esta situacion pode derivar nun descenso dos prezos percibidos polos produtores.

    O trasfondo inmediato do rogo é a grave situación que vive o sector na véspera da vendima de  2026. Na colleita de 2025 vendimiáronse 47,5 millóns de quilos de uva, case o volume que o Plan  Director  da  DO  tiña  previsto  para  o  ano  2030.  Con  todo,  as  vendas  de  viño  cualificado  non superaron   os  27-28  millóns  de  litros,  dez  millóns  por  debaixo  das  proxeccións.  Diversas organizacións agrarias alertaron xa de que algunhas adegas estarían valorando non recoller uva de determinados produtores ou fixar rendementos por baixo do prego de condicións. Para o SLG, estas  prácticas  son  incompatibles  coa  Lei  da  Cadea  Alimentaria  de  Galicia,  que obriga á Consellería competente a promover prezos xustos que cubran sempre os custos de produción. No mesmo Pleno tamén se deu a coñecer a calificación da añada 2025, que obtivo a valoración de moi boa.