Novas

  • ‘Non á aplicación do tratado UE-Mercosur’: Concentración en Compostela este xoves 29 de xaneiro diante do Centro Comercial As Cancelas

    ‘Non á aplicación do tratado UE-Mercosur’: Concentración en Compostela este xoves 29 de xaneiro diante do Centro Comercial As Cancelas

    • 27,Xan 2026
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments
    • A concentración terá lugar ás 12h diante do Centro Comercial As Cancelas para exixir que a alimentación quede fóra do UE-Mercosur.

    Compostela, 27 de xaneiro de 2026. O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) convoca unha concentración para este xoves, 29 de xaneiro, ás 12:00 horas, diante do Centro Comercial As Cancelas (Av. do Camiño Francés, 3, 15703) en Santiago de Compostela. Baixo o lema ‘Non á aplicación do tratado UE-Mercosur’ as labregas e os labregos do SLG xuntarémonos co fin de exixir que a alimentación quede fóra deste acordo.

    O 21 de xaneiro o Parlamento Europeo paralizou o acordo UE-Mercosur e procedeu ao seu enviouno ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Agora a xustiza europea terá entre 6 meses e 2 anos para emitir o seu ditame. Mentres tanto, a Comisión Europea, co apoio dalgúns Estados membros, tentará impulsar unha aplicación provisional deste acordo, tal e como nos confirmou o pasado venres, 23 de xaneiro, o comisario de agricultura e alimentación da Comisión Europea, Christophe Hansen, nunha reunión en Bruxelas á que acudiu o Secretario de Acción Sindical do Sindicato Labrego Galego, Brais Álvarez López, canda unha delegación da Coordinadora Europea Via Campesina (ECVC) -da que o Sindicato Labrego fai parte-.

    Cartaz concentración 29 xaneiro Mercosur