09/07/2024
Nin un paso atrás nos nosos dereitos: Os coidados e a aplicación da Lei de Dependencia
O vindeiro mércores, 17 de xullo, de 12h a 14h, o Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada arredor dos coidados e da aplicación da Lei de Dependencia, no local da súa sede nacional en Santiago de Compostela (Rúa Ofelia Nieto 13-23-Baixo).
A actividade enmárcase no programa 'Nin un paso atrás nos nosos dereitos' e conta co financiamento do Concello de Santiago de Compostela.
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse no teléfono 699 924 632 ou neste formulario online.