
17/04/2009
Mobilización na Galiza con motivo do Dia Internacional da Loita Labrega: Enterro da Agricultura
A Plataforma Galega Antitransxénicos e a Rede Galega Anticapitalista convocan a mobilizarse ás 17:30 de hoxe na praza roxa de Santiago de Compostela.
MOBILIZACIÓN 17 DE ABRIL
DÍA INTERNACIONAL DA LOITA LABREGA
Ás 17.30, na Praza Roxa
(Santiago de Compostela)
*Escenificación do enterro da agricultura
*Procesión-manifestación até Carrefour
*Difusión de materiais informativos ás portas do Carrefour
PRÉGASE ASISTIR DE RIGOROSO LOITO
O 17 de Abril foi declarado pola Vía Campesina dende 1996 como o "Día Internacional da Loita Labrega" como homenaxe aos dezanove campesiños do Movimento Sem Terra asasinados pola policía brasileira durante unha acción de mobilización para acceder a certas terras.
Díptico: ALIMENTOS VIAXEIROS
Díptico: A AGROECOLOXÍA É SAÚDE!!