Novas

  • MANIFESTO POLA INVESTIGACIÓN AGRARIA – ASINA!

    MANIFESTO POLA INVESTIGACIÓN AGRARIA – ASINA!

    • 05,Feb 2026
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments
    • CIAM
    • INVESTIGACIÓN

    En maio do ano pasado, dende o Sindicato Labrego Galego tivemos unha xuntanza cunha representación de persoas investigadoras do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) -pertencente á Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) da Consellería de Medio Rural (CMR)- para interesarnos polas denuncias realizadas ao respecto da “situación crítica” na que se atopaba o CIAM. Agora, meses despois, animamos a toda a cidadanía asinar o ‘Manifesto pola investigación agraria’. O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) ten desempeñado un papel fundamental en Galiza. Porén, este labor está a verse gravemente comprometido polo abandono institucional, a falta de investimento sostido e a ausencia dunha planificación estratéxica a longo prazo.

    Dende o Sindicato Labrego Galego expresamos o noso total apoio ao persoal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

    ASINA O MANIFESTO AQUÍ

    LE O MANIFESTO AQUÍ:

    manifiesto institucional_galego