Alerta

27/05/2020

Máis dun cento de colectivos contra as ordes da Xunta que reactivan os procesos administrativos no estado de alarma

Máis dun cento de colectivos presentamos recurso de reposición fronte a orde da Consellaría de Medio Ambiente, do 27 de abril, e fronte a orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 5 de maio de 2020 pola que se dá continuidade á tramitación de preto de 1.000 expedientes administrativos durante o estado de alarma.

Este recurso foi presentado polo grupo de traballo denominado ALARMA AMBIENTAL GALEGA que nacía hai menos dun mes como resposta ao acordo do Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 20201 (DOG2 deste 4 de maio) no que se aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Real Decreto que declarou o Estado de alarma. Posteriormente, a Xunta de Galicia ditou unha nova Orde a través da Consellaría Industria, que se publicou no DOG do 11 de maio, pola que non só se daba luz verde á continuidade da tramitación de centos de expedientes administrativos con forte impacto ambiental, senón que lexitimaba á Xunta para aprobar tales proxectos industriais de grande impacto.

Petición de suspensión cautelar das Ordes

As entidades recorrentes piden a suspensión cautelar de ambas Ordes da Xunta por contravir o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 20203, polo que foi declarado o Estado de alarma, que estableceu con carácter xeral a suspensión dos termos e dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. Só contempla, como forma excepcional, que se poidan acordar, mediante resolución motivada, a continuación daqueles trámites que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

Porén, a Xunta aproveita esa excepcionalidade do Real Decreto para subverter a regra xeral, e atribuírlle tal carácter a preto de mil expedientes que, na súa maioría non son de interese xeral nin son indispensables ou estritamente necesarios para o funcionamento básico dos servizos públicos. Ademais, a Xunta intenta xustificar en abstracto ao alcance do interese xeral de ditas excepcións, cando debería telo feito expediente a expediente ou proxecto a proxecto. Por tanto, estas dúas ordes da Xunta estaríase deixando sen efecto as disposicións previstas no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma relativa á suspensión dos prazos administrativos.

Menoscabo dos dereitos dos administrados

Esta situación resulta especialmente grave, cando aínda nos enfrontamos a unha seria crise sanitaria e a poboación continúa con a estar limitada para o desenvolvemento de moitas das súas actividades de forma normalizada. Tamén están limitados os movementos e posibilidades de organización veciñal para responder a proxectos industriais de tan grande impacto. Por tanto, mentres dure o Estado de alarma os dereitos fundamentais dos administrados sofrente un menoscabo e as persoas e colectivos temos menos posibilidades de exercer o control sobre a acción administrativa en materia de medio ambiente ou para evitar que dela se deriven ilegailidades.

Intervención da Delegación do Goberno

Así mesmo, as entidades recorrentes vimos de instar á Delegación do Goberno en Galiicia para que atenda a ditos recursos de reposición e revise pola súa banda se as ordes das consellarías de Medio Ambiente e de Industria da Xunta de Galiza se axustan ás disposicións do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 2020, ou se pola contra as contraveñen.

Apoio social

O conxunto de 107 organizacións cidadás de toda Galicia, convertiuse nun movemento social importante que mostra a preocupación ante unha Xunta que parece que goberna de costas aos intereses dos seus cidadás e que lle está a pedir que rectifique.

Listado de plataformas, asociacións e colectivos que apoian este recurso:

  1. A Rente do Chan-Pladever

  2. AAVV 3 de maio

  3. ADEGA

  4. Agrupaçom de Montanha Águas Limpas (AMAL)

  5. APEOM Outes

  6. Arquitectura Sen Fronteiras Galicia

  7. Asoc. galega Cova Crea

  8. Asoc. Petón do Lobo

  9. Asociación "Azos Feministas"

  10. Asociación a Picouta, Trazo

  11. Asociación Ambiental Senda Nova

  12. Asociación Amigos da Terra

  13. Asociación Corentena Producións

  14. Asociación Cultural A Rula

  15. Asociación Cultural Brisas do Quenllo

  16. Asociación Cultural Festival das Brétemas

  17. Asociación Cultural Lucerna - Cerceda

  18. Asociación Cultural O Naranxo (Lalín)

  19. Asociación Cultural O Quilombo

  20. Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta

  21. Asociación de Custodia do Territorio "Brexa"

  22. Asociación de guías acreditados das illas atlánticas de Galicia AGAIAS

  23. Asociación Ecolóxica Cultural Ridimoas

  24. Asociación Educativa y Cultural Animales del Mundo, AECAM

  25. Asociación Ekohuerta Agropuro

  26. Asociación Hortas do Val de Feáns

  27. Asociación O Ouriol do Anllóns, de Coristanco

  28. Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico

  29. Asociación para a defensa da natureza no Condado ADENCO

  30. Asociación para o coidado da terra Carabel das Cabras

  31. Asociación Pola Defensa da Ría (APDR)

  32. Asociación pola Defensa do Parque de Rosalía

  33. Asociación Rexeneración Autóctona

  34. Asociación Sociocultural Ecolectivo

  35. Asociación Sustinea

  36. Asociación Verdeval, do Val Miñor

  37. Asociación Victimas de la Justicia

  38. Asociación Xuvenil Comarea

  39. Associaçom cultural A Gentalha do Pichel de Compostela

  40. Axóuxere Editora

  41. BRIGA - Organizaçom juvenil da esquerda independentista galega

  42. Casalonga Limpa de Residuos

  43. Central Unitaria de Traballadoras (CUT)

  44. Centro Social Fuscalho da Guarda

  45. Co-mando Ghichas (Val Miñor)

  46. Colectivo Arroutada

  47. Colectivo Capitán Gosende

  48. Colectivo Ecoloxista do Salnés

  49. Colectivo Portalén de Terra de Montes

  50. Colectivo Terra de Pontedeume

  51. Colectivos en Loita

  52. Comisión de Asociación contra as minas da terra Cha

  53. Comisión de seguemento da minaría e defensa do rural Frades e Mesía

  54. Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

  55. Comité de Defensa de las Rìas Altas

  56. Comunidade de montes de mancomún de Tameiga

  57. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Tameiga

  58. ContraMINAcción

  59. Corrente Vermella

  60. Ecoloxistas en Acción Galiza

  61. Epona Terra

  62. Federación Ecoloxista Galega

  63. Foro Social de Cangas

  64. Fridays for future A Coruña-Ferrol

  65. fridaysforfuture Teo

  66. Fundação Montescola

  67. Fundación Galicia Verde (Leboso-Forcarei)

  68. GEAS, Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes

  69. Greenpeace

  70. Grupo de Traballo A Eira do Ceesg ( Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia)

  71. Instituto de Estudos Miñoráns, IEM

  72. Instituto para la Monitorización Vecinal de Espacios Contaminado I.M.V.E.C.

  73. Interior Galego Vivo

  74. Lugo de cara ao Miño

  75. Lugo sen Mordazas

  76. Modepén Lugo

  77. Modepen Morrazo (Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas)

  78. MPI( Mocidade pola independência)

  79. Nais polo Clima Santiago de Compostela / Madres por el Clima

  80. Plataforma A Auga é Vida

  81. Plataforma Auga Limpa XA!

  82. Plataforma de Afectados pola Destilería de Contimunde (Rois)

  83. Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela - Miramontes

  84. Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)

  85. Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza

  86. Plataforma non máis eólicos Campelo Bustelo

  87. Plataforma pola convivencia ética coa fauna silvestre

  88. Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños

  89. Plataforma pola recuperación do Sar

  90. Plataforma Quijote Outes

  91. Plataforma rexeneration.net

  92. Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non

  93. Plataforma Vida e Ría ou Minaría

  94. Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo

  95. Salvemos a Comarca de Ordes

  96. Salvemos as fragas de Catasós

  97. Salvemos Monteferro

  98. Salvemos O Iribio

  99. SGO, Sociedade Galega de Ornitoloxía

  100. Sindicato Labrego Galego

  101. Sinha PACA (Plataforma de Activistas Culturais e Artistas) de Redondela

  102. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins

  103. SOS GROBA

  104. Teo polo clima

  105. USDG - Unión Sindical de Docentes de Galicia

  106. Verdegaia

  107. Xente do rural Ponteceso

1 Aquí a referencia do Consello da Xunta. Na páxina 11, 12 e 13 pódese ver o referente a este tema: https:// www.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=1417255&name=DLFE-36813.pdf 

2 Aquí pódese consultar a Orde publicada no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200504/AnuncioG0532-270420-0003_gl.pdf 

3 Aquí o Real Decreto: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2020-3692