27/03/2020
Máis de oitenta organizacións reclaman a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade na Galiza
Máis de oitenta organizacións galegas de diversos ámbitos, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego, veñen de facer público un manifesto no que piden a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade como garantes da seguridade alimentaria de Galiza no contexto actual de estado de alarma e emerxencia sanitaria pola pandemia do Covid-19.
Ademais do SLG, entre os colectivos asinantes podemos atopar unha ampla representación da sociedade galega a través doutros sindicatos agrarios como Fruga ou obreiros como a CIG; organizacións ecoloxistas como Adega, Amig@s da Terra, Greenpeace ou o MEL; unha de decena de entidades investigadoras vinculadas ás universidades de Santiago de Compostela e Vigo; varios centros sociais; ou diversas agrupacións de consumo, labregas, profesionais, etc.
No manifesto reclamamos á Consellaría de Medio Rural, en colaboración cos concellos, todos os esforzos posibles para que a partir do 31 de marzo, data ata a que a Xunta prohibiu a celebración de mercados alimentarios de proximidade, volva autorizalos “preocupándose de que dispoñan dos medios materiais e humanos necesarios para organizar e aplicar correctamente todos os protocolos de seguridade a que obriga a orde do 23 de marzo de 2020 sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados”.
De seguido, compartimos con vós o texto íntegro do manifesto e unha listaxe das entidades que asinan que, de seguro, irá medrando nos vindeiros días ao estar aberta á suma de novos apoios a través do seguinte formulario: bit.ly/ManifestoMercadosCOVID
EN DEFENSA DOS MERCADOS DE ALIMENTOS DE PROXIMIDADECOMO GARANTES DA SEGURIDADE ALIMENTARIA NO ESTADO DE ALARMA
Nós, os labregos e labregas que damos vida aos mercados de proximidade na Galiza, diante da prohibición de poder exercer a nosa función como fornecedores de alimentos para a sociedade por mor das restricións impostas para enfrontar a pandemia do Covid-19, queremos manifestar:
-
A nosa consternación ao ver como se nos discrimina, unha vez máis, en favor das grandes superficies comerciais, á hora de garantir o acceso en tempo de crise a un ben esencial como a alimentación.
-
A nosa perplexidade, cando constatamos a diferenza de criterios entre administracións, con comunidades autónomas que autorizan expresamente os mercados de proximidade e outras, como a galega, que os prohiben; con concellos que regulan esta venda directa en tempo de crise e outros que a clausuran sen máis.
O noso convencemento de que os nosos alimentos e os nosos mercados, aplicando as normas establecidas polas autoridades sanitarias para evitar a transmisión do Covid-19 e o agravamento da pandemia, son máis seguros nas actuais circunstancias por celebrarse ao aire libre ou en espazos amplos como prazas de abastos, por non haber intermediarios entre a produción e o consumo final, por non xerar aglomeracións humanas, e por termos, porque así nolo esixe a normativa, unha mellor e máis completa formación en cuestións hixiénico-sanitarias que a maioría do persoal que traballa en grandes superficies comerciais. Ademais os mercados alimentarios de proximidade teñen unha maior capacidade de garantir o subministro de alimentos frescos ao non depender de estruturas centralizadas e vulnerables. Pensamos que obstaculizar a produción alimentaria local e a súa comercialización nunha crise como a que estamos a vivir é un crime e un suicidio.
-
A nosa indefensión porque, sendo sector primario, se nos priva de exercer a nosa principal actividade económica sen ningún tipo de compensación ou alternativa que mitigue o grave deterioro financeiro que sufriremos nas vindeiras semanas. Nese sentido, botamos de menos medidas que se poderían impulsar dende as administracións, como a compra pública de alimentos para que os servizos sociais os inclúan na distribución de cestas de alimentos ás familias que os precisen, ou mesmo incorporar os nosos medios e experiencia no reparto domiciliario de cestas de produtos.
-
A nosa impotencia porque a maior parte dos alimentos que producimos son frescos e sans e, polo tanto, neles non empregamos conservantes químicos ou refrixeración para atrasar o seu deterioro, como si fará a agricultura industrial para poder vendelos cando se levanten as restricións.
Por todo iso, pedímoslle á Consellaría de Medio Rural, en colaboración cos concellos, que faga todos os esforzos necesarios para que, a partir do 31 de marzo, volva autorizar os mercados de alimentos de proximidade, preocupándose de que dispoñan dos medios materiais e humanos necesarios para organizar e aplicar correctamente todos os protocolos de seguridade a que obriga a orde do 23 de marzo de 2020 sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados.
Apoian este manifesto:
- A Eira do Colexio de Educadores e Educadores Sociais de Galicia (CEESG)
- A Horta de Ana
- A Terra Non Se Vende
- Amarelante SCG
- Amig@s da Terra
- Asociación Ambiental Senda Nova
- Asociación AVOAR
- Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga - Cabreiros, Xermade
- Asociación Abeiro pola Protección Animal
- Asociación Agroecolóxica Galega A Cortiña
- Asociación Cultural Roi Vicente
- Asociación Cultural Tanque de Zinc
- Asociación de empregadas de fogar XIARA
- Asociación de Produtoras de Horta de Ribadeo A Sucadoira
- Asociación do Mercado de Alimento Labrego de Teo
- Asociación Galega de Apicultura (AGA)
- Asociación Larlilás
- Asociación Lentura
- Asociación Mercado da Terra (Lugo)
- Asociación Millo Miúdo (Oleiros)
- Asociación O Xaramelo (Meis)
- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
- Asociación Pola Defensa da Ría (APDR)
- Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos
- Asociación Raíces do Lusco
- Asociación Vacaloura Santuario Animal
- Asociación Víctimas de la Justicia
- Asociación Xaruma
- Asociación 4ponlas (Pontevedra)
- CDR Portas Abertas
- Centro Social A Gentalha do Pichel (Compostela)
- Centro Social Madia Leva (Lugo)
- Centro Social O Fuscalho (A Guarda)
- Centro social O Quilombo (Pontevedra)
- Confederación Intersindical Galega (CIG)
- Colectivo Feminista das Pontes
- Cooperativa Tres Cadires
- CultRural Santiago
- DAQUIDARREDOR
- DEÍXATE LEVAR
- Ecoloxistas en Acción de Galiza
- Enxeñería sen FronteirasEsCuA
- Federación Rural Galega (Fruga)
- Feitoria Verde S. Coop. Galega
- Fundação Montescola
- Fundación Galicia Verde
- Granxas de Lousada sc
- Greenpeace
- Grupo de Consumo Agrelar (Allariz)
- Grupo de Consumo Semente (Ourense)
- Grupo de Consumo Xurumelxs (Ourense)
- Grupo de investigación de Bioeconomía (Economía dos Recursos Naturais e do Medio Ambiente) da USC
- Grupo de investigación en agronomía AGRONOMÍA (USC)
- Grupo de Investigación en Construción Sustentable para o Medio Rural e Natural COSMERUN (USC)
- Grupo de Investigación en Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social ECOAGRASOC (USC)
- Grupo de Investigación Galabra en Estudos Culturais GALABRA (USC)
- Grupo de Estudios de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio GESPIC (USC)
- Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX HISTAGRA (USC)
- Grupo de Investigación da Agricultura Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia da Universidade de Vigo
- Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental SEPA-Interea
- Horta Casa Barral
- Horta de sempre
- Labrecos
- Laboratorio do Territorio LABORATE (USC)
- Lareira da Alén, clube gastronómico
- MAISDETRES
- Marcha Mundial das Mulleres Galiza
- Movemento Ecoloxista da Limia (MEL)
- Movemento Veciñal Estradense - Móvete -
- Nais polo Clima
- Non é o Mesmo (Compostela)
- Nós, galeguistas
- Organización Galega de Comunidades de Comunidades de Montes (ORGACCMM)
- Peripeciencia
- Plataforma Auga Limpa Xa!
- Plataforma Casalonga Limpa de Resíduos
- Proxecto Resclima
- Rede de Consumo O Careón (Melide)
- Rede de Colectivos A RÍA NON SE VENDE
- Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza o Bierzo
- Rede Revolta de Agroecoloxía e Historia
- Salvemos Catasós
- Salvemos Monteferro
- Sindicato Labrego Galego (SLG)
- Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
- SPG A Gavela
- Sustinea
- Verdegaia
- Véspera de Nada