o rural non morre

17/06/2024

Máis de cen colectivos veciñais, ecoloxistas, do mar, sindicais e de defensa do patrimonio rexeitamos o novo proxecto de mina de Touro polos seus impactos ambientais inasumíbeis

O proxecto presentado é unha “copia barata” do anterior, que xa foi chumbado en 2020 ao recibir unha Declaración de Impacto Ambiental negativa. Denunciamos a ocultación desde o mes de xaneiro pola Xunta do trámite de declaración como proxecto industrial estratéxico con fins electorais

Máis dun cento de colectivos veciñais, ecoloxistas, do mar, sindicais e de defensa do patrimonio cultural e do Camiño de Santiago veñen de mostrar o seu máis rotundo rexeitamento á nova tentativa de Atalaya Mining de forzar a aprobación da abertura da mina de Touro, censurando ademais que a Xunta ocultara, con fins electorais, a súa tramitación como proxecto industrial estratéxico. Sinalan que o novo proxecto de explotación e estudo de impacto ambiental, presentados o 23 de xaneiro deste ano, semanas antes das eleccións, é unha “copia barata” do chumbado en 2020 cunha declaración de impacto ambiental negativa polos seus previsíbeis impactos sobre o sistema fluvial do río Ulla.

Lonxe de enmendar o proxecto anterior, Atalaya Mining e a súa filial Cobre San Rafael volven a pór enriba da mesa unha enorme balsa de 23 millóns de metros cúbicos de residuos tóxicos con 1,6 km de lonxitude e unha altura similar á da Catedral de Santiago. O depósito de residuos está a menos de 500 metros do núcleo de poboación Arinteiro cuxa poboación sería aniquilada en caso dun accidente. De feito, a instalación proposta sería ilegal en países como Brasil, Ecuador ou China. Segundo os colectivos asinantes, o único que cambiou nos últimos 4 anos foi a cantidade de diñeiro ‘invertido’ pola mineira en propaganda e campañas de desinformación sobre a realidade do proxecto, que ocuparía máis de 800 hectáreas.

Por iso, anuncian unha mobilización masiva e sen precedentes para impedir o fraude que supón declarar como proxecto industrial estratéxico unha proposta que xa foi declarada ambientalmente inviábel. A declaración como proxecto estratéxico suporía reducir á metade os prazos da tramitación, a non suxeción aos títulos habilitantes urbanísticos, a declaración de interese social a efectos expropiatorios e a concesión de subvencións sen concorrencia competitiva, co que se pretende unha tramitación exprés que impida a participación pública e que os organismos sectoriais non dispoñan de tempo suficiente para emitir os seus informes. Debe terse en conta que o proxecto está composto por millares de páxinas e centos de documentos anexos.

Os colectivos lembran que o proxecto que volve a presentarse xa foi denegado por non acreditar a ausencia de afeccións significativas sobre o ciclo hídrico e sobre as masas de auga afectadas, nin acreditar a integridade do Sistema fluvial Ulla-Deza, espazo da Rede Natura 2000 e base do modo de vida de decenas de millares de persoas do Baixo Ulla e Ría de Arousa. A estes impáctos súmase o efectos devastador que o efecto tería para a economía das comarcas, particularmente sobre o sector agrogandeiro e agroalimentario así como para o Camiño de Santiago, que xeran emprego sustentábel e respectuoso co medio ambiente e a cultura local.

Apuntan a que nos últimos catro anos Cobre San Rafael, a filial de Atalaya, demostrou a súa absoluta ineptitude á hora de evitar a contaminación por metais pesados que continúa xerando a súa concesión mineira, o que evidencia a súa incapacidade técnica para un proxecto de tales dimensións. De feito, a empresa titular da concesión ven sendo repetidamente sancionada por Augas de Galicia polos danos ecolóxicos aos ríos Lañas e Brandelos, a pesar dos suspostos sistemas de tratamento.

COLECTIVOS ASINANTES:

A de Rousmeri-Terra de Montes

A Ría non se vende

Afectad@s de Paderne

Agrupación de a pé da Cofraría de pescadores San Bartolomé de Noia

Alarma Terra de Montes

Aire limpo na Mariña Mandeo

Amigas da Terra

Amil SEN eólicos

Anovaterra

APA Os Biosbardos

Asociación A-Legre

Asociacion Afectados PE Gasalla

Asociación Alados Medioambiente

Asociación Ambiental e Cultural Tralapena

Asociación Amigas das Árbores de Ourense

Asociación Amigas das Cegoñas

Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde

Asociación Amit

Asociación ANABAM- Asociación Naturalista “Baixo Miño”

Asociación Asemblea do Suído

Asociación cultural A Galleira

Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde

Asociación Cultural Colectivo A Rula

Asociación Cultural e Medioambiental A Pedra que Fala

Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas

Asociación Cultural Fuco Buxán

Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra

Asociación de Veciños e Veciñas Encrobas Viva

Asociación Eco-Social, Medioambiental e Cultural “Boca de Sapo de Corcubión”

Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga

Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS)

Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA)

Asociación Mar de Fábula

Asociación Medioambiental Grupo Lobo Galicia

Asociación Meta-Comunica

Asociación Monte do Gato Seselle

Asociación Noia Limpa

Asociación Nove Refachos

Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra

Asociación Salvemos Monteferro

Asociacion Salvemos o Noso de A Laracha

Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo

Asociación Umia Vivo

Asociación Veciñal A Curva de San Gregorio

Asociación Veciñal A Lama Vive

Asociación Veciñal Carballeira do San Martiño

Asociación Veciñal de Lentille

Asociación Veciñal do Saviñao

Asociación Veciñal Encrobas Viva

Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel

Boa Vida Inclusión Activa

Central Unitaria de Traballadoras (CUT)

Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas

Centro de Saberes para a Sustentabilidade

Centro Social A Pedreira

CMVMC de Santiago de Covelo

Cofraría de pescadores San Bartolomé de Noia

Colectivo Capitán Gosende (Terra de Montes)

Colectivo Burla Verde 24

Colectivo do Vento-Campo Lameiro

Colectivo Ecoloxista Luita Verde

Colectivo na defensa do patrimonio A Forneiriña

Colectivo Terra de Montes en Perigo

Comisión de Asociacións contra as Minas da Terra Chá

Comitè se Defensa das Rías Altas

Comuneiros do Chá

Comunidade de Montes Outeiro de Minas e Valgrande

Confederación Nacional do Traballo de Galiza (CNT GALIZA)

Consumo Consciente Árbore, S. Coop. Galega

Contramínate Asociación Ambiental

Cornado Mina NON

Defende A Galega

Ecoloxistas en Acción

Ecoloxistas en Acción Barbanza

Ecoloxistas en Acción Coruña

Ecoloxistas en Acción Rías Baixas

Ecoloxistas en Acción O Ribeiro

Ecoloxistas en Acción Ourense

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Federación Ecoloxista Galega

Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS)

Fundación Galicia Verde

Fundación Montescola

Greenpeace

Grupo A Quenlla

Grupo Naturalista Hábitat

Interior Galego Vivo

Irmandade Illa de Tambo

Juventud x Clima - Fridays For Future España

Morcegos de Galicia

Maquinarias Teatro

MOVENEDA - Movemento Veciñal Neda

Plademar Muros- Noia

Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago

Plataforma Aire Limpo na Mariña Mandeo

Plataforma Augas Limpas Aldán/O Hío

Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx

Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Plataforma Cultura Ferrolterra

Plataforma para a Defensa do Sur da Dorsal Galega

Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén.Encoro Non.

Plataforma pola recuperación do Sar

Plataforma Oro NO

Plataforma Quijote Outes

Plataforma SOS Suído Seixo

Plataforma Veciñal Caíño-Brancellao

Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non

Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo

Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural

Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo

Salvemos a Comarca de Ordes

Salvemos Catasós Asociación

Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas

Sociedade Galega de Historia Natural

Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins

SOS Encrobas

Veciñ@s polo rural

Vento Mareiro de Ferrol

Verdegaia

Vida e Ría, ou minaría?

Xarda Sociedade Cooperativa Galega

Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde”

Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo

Salvemos a Martiñá