No Sindicato Labrego Galego contamos cun equipo multidisciplinar que te asesorará en todos e cada un dos pasos que terás que dar para incorporarte á profesión agraria. Se queres que te axudemos, ou resolver as túas dúbidas sobre calquera cuestión relacionada con estas axudas, contacta co teu local de referencia.
https://sindicatolabrego.gal/quen-somos/enderezos/
AXUDAS DE INCORPORACIÓN DE PERSOAS MOZAS Á AGRICULTURA
Axudas para mozas de entre 18 e 40 anos que deciden incorporarse á actividade profesional agraria durante un mínimo de 5 anos nunha nova granxa ou nunha granxa xa existente.
O importe da axuda varia dos 30.000 € até os 70.000 €.
Para solicitalas é preciso, entre outras cousas, a realización e cumprimento dun plan empresarial.
Se queres solicitar esta axuda, tes de prazo para facelo até o 28 de Xullo.
AXUDAS PARA FACER MELLORAS EN GRANXAS
Axudas para titulares de granxas inscritas no REAGA que leven a cabo un plan que mellore o rendemento global da granxa e que incorporen a unha persoa moza nesta anualidade ou o teñan feito en 2024.
As axudas son para sufragar parte dos gastos acometidos na realización de investimentos para a mellora do rendemento global, da competitividade ou a viabilidade da granxa: reforma ou construción de instalacións, compra de construcións agrarias en desuso, plantación e mellora de cultivos de froiteiras, compra de maquinaria, etc.
O investimento elixible deberá ser dun mínimo de 15.000 € e subvencionase ate un máximo de 75.000 € por UTA cun máximo de 250.000 € por beneficiaria.
A axuda cubrirá entre o 30% e o 65% do investimento elixible.
Se queres solicitar esta axuda, tes de prazo para facelo até o 28 de xullo.