Icono SLG Informa

23/01/2024

INCORPORACIÓN DE NOVAS PERSOAS AGRICULTORAS

Queres incorporarte a algunha actividade agraria ou gandeira? INCORPÓRATE CON NÓS! Pasa canto antes polo teu local do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para realizar a tramitación (antes do 23/03/2024). Máis información: connos@sindicatolabrego.gal e/ou 604 026 536 (podes descargar as bases no pdf ao final da páxina)

Requisitos:— Idade entre 41 e 55 anos (ambos incluídos).— Incorporarse por primeira vez ou nos 12 meses anteriores.— Acadar un nivel de capacitación profesional suficiente nos 36 meses posteriores ádata de establecemento.— Presentar un plan empresarial xunto cun plan de produción e de investimentos.— Acadar unha renda mínima equivalente ao 35% da renda de referencia.Compromisos:— Permanecer na actividade agraria 5 anos dende o pagamento final da axuda— Participar no programa de titorización de mozas levado a cabo pola consellería demedio rural a través das oficinas rurais.Importe da axuda:Axuda de base de 25.000 € ate un máximo 55.000 € en función dos seguintes criterios:— Muller: +10.000 €— Incorporarse en Zona de Montaña: +10.000 €— Incorporarse nunha granxa de agricultura ecolóxica: +10.000 €— Incorporarse nunha granxa de titularidade compartida: +10.000 €No caso de incorporarse nunha granxa intensiva a axuda limitarase a 25.000 €Xustificación da axuda:— Prazo máximo de 24 meses logo da concesión da axuda— 2 prazos de pago: 60% logo da concesión e 40% restante logo da execución do planempresarial

INCORPORACIÓN DE NOVAS PERSOAS AGRICULTORAS