
15/03/2025
Formación apícola ‘Cría e selección de nais’ (Celanova)
O SLG e COAG organizan a xornada de formación apícola ‘Cría e selección de nais’, que imparte Gilles Fert, coa colaboración da asociación apícola Abellas Nais e o Concello de Celanova
Anotade a data: sábado 12 de abril, de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 17:30h no Auditorio Municipal Ilduara (#Celanova)
Inscricións e contacto: abellasnais@gmail.com / 666 259 673
Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas