Entregamedidas-

06/09/2024

Entrega de batería de medidas inmediatas ao Consello Regulador Ribeira Sacra

Concentración diante do Consello Regulador Ribeira Sacra (Monforte) en demanda de medidas urxentes para o sector. Se a Xunta non presenta unha nova proposta a seguinte mobilización terá lugar na CMR en Lugo o vindeiro venres 13

Na mañá de hoxe tivo lugar unha concentración convocada conxuntamente polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e Unións Agrarias (UUAA) diante da sede do Consello Regulador Ribeira Sacra, onde se fixo entrega dun escrito compilando as seguinte proposta de medidas para tentar, por unha banda, que a vendima 2024 non sexa un auténtico desastre para a Denominación de Orixe e para toda a Ribeira Sacra e, por outra, medidas para ter futuro.

1.- Que o Pleno do Consello Regulador inste a Consellería de Medio Rural para que tomen medidas realmente efectivas para que aos viticultores e ás viticultoras que lles quede a uva sen recoller, teñan unha compensación económica que cubra, como mínimo, os custos de produción nos que incurriron durante todo o ano. As medidas publicadas esta semana non serven, non van impedir que quede a uva nas vides e que toda a perda vaia ser a cargo do viticultor ou viticultora.

2.- Que se forme un grupo de traballo amplo para abordar a situación actual e as medidas para o futuro. As medidas que se poder estudar son, entre outras:

Poda en verde e baixar rendementos. Destilación de criseLimitar plantacións/Non permitir novas plantaciónsCampaña de promoción importante diferenciando a DO Ribeira SacraMapa claro que permita coñecer con certeza os límites da DO3.- Maior información ás persoas viticultoras de todas as cuestións que teñan que ver coa actividade do Consello Regulador: mantelas informadas dos acordos que se tome e que lles afecten.

4.- Devolución das taxas cobradas ás persoas inscritas que este ano non poidan vender uva por causa que que non hai adega que lle recolla.

As medidas anunciadas esta semana pola Consellaría do Medio Rural para xestionar a crise de excedentes na Ribeira Sacra, ademais de insuficientes, concretaranse inda dentro de moitos meses despois de que teña lugar a vendima, as medidas propostas hoxe permitirían abordar esta situación xa.

Se a próxima semana a Xunta de Galicia non presenta unha nova proposta ás mobilizacións trasladaranse á delegación da Consellaría do Medio Rural (Lugo) o vindeiro venres 13.