20/09/2024
Encontro Plantámonos pola Soberanía Alimentaria e a Agroecoloxía do 17 ao 20 de outubro en Allariz
Este outono organizamos un Encontro pola Soberanía Alimentaria e a Agroecoloxía labrega en Allariz (Ourense) do 17 ao 20 de outubro 2024, e dende o Sindicato Labrego Galego- Comisións Labregas queremos convidarte. Únete a este movemento da terra que pretende transformar dende a base ao sistema agroalimentario e comparte con nós uns días de loita conxunta.
que afouteza
habemos morrer coa fame.
Antía Otero – Barroco (Apiario, 2022)
Plantámonos somos, ante todo, persoas e colectivos de todo o estado que defenden o modelo de produción agroecolóxica e a Soberanía Alimentaria. Un movemento integrador das labregas, pagesia e baserritarras organizadas, gandeiras extensivas, experiencias e colectivos agroecolóxicos, xornaleiras de toda orixe, ecoloxistas, activistas climáticas, científicas, sindicalistas, consumidoras, de movementos sociais, e toda persoa que defenda a soberanía alimentaria.
Consideramos que a nosa sociedade precisa un cambio urxente na maneira de producir alimentos e apostamos por un xiro total a favor da agroecoloxía labrega. Queremos avanzar cara a un cambio de sistema coas persoas e a Terra no centro, onde a agricultura e a alimentación poidan ir da man da xustiza social e ambiental. Para nós a agroecoloxía é feminista, labrega, dá soldos dignos as persoas que se dedican a agricultura, coida da terra e do medio ambiente en xeral, e é colectiva.
Na sociedade capitalista e neoliberal na cal vivimos, que apoia á agricultura industrial e mortífera, é imprescindíbel xuntármonos e loitar de xeito conxunto por un mundo rural vivo e termos firme resistencia á destrución da natureza, a terra e a vida.
Plantámonos porque nós non queremos morrer coa fame!
Máis información: https://nosplantamos.org/gl/encontros