- Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións labregas denunciamos un ano máis o desleixo da Consellería do Medio Rural cara ás produtoras do país.
- Das axudas á paisaxe hai casos de persoas que só cobraron 15,40 euros.
Ribeira Sacra, 3 de xullo de 2025. Tras a crise da colleita do sector vitivinícola que viviron as persoas viticultoras na colleita de 2024, na cal máis de 400 produtoras non tiveron a quen venderlle a uva e o ano rematou con excedentes nas adegas e prezos moi baixos, para este 2025 semella que a situación nada vai mellorar.
Publicada a RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra e se convocan para o ano 2025 mediante tramitación anticipada de gasto (DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2025); e a RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e denegadas para a colleita en verde da viña en Galiza, da convocatoria do ano 2025, ao abeiro da Orde do 4 de abril de 2025 (DOG Núm. 125 Mércores, 2 de xullo de 2025); encontrámonos con que, de novo, a Consellería do Medio Rural (CMR) volve abandonar ás pequenas e medianas viticultoras.
Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) volvemos denunciar un ano máis o desleixo da CMR cara ás produtoras do país.
Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) volvemos denunciar un ano máis o desleixo da CMR cara ás produtoras do país. “As adegas que tiñan problemas o ano pasado continúan téndoos este ano”, salientou Ana Rodríguez, gandeira e economista especializada en políticas agrarias no SLG. “Estas adegas nada lles dixeron aos viticultores e viticultoras, polo que lles recomendamos que se poñan en contacto con elas por escrito e que esixan contratos por escrito e o cumprimento dos mesmos. De Bodegas Rectoral de Amandi (Lugo) non temos nova de que vaia recoller nin un quilogramo de uva”, esclareceu.

Viticultoras e viticultores da Ribeira Sacra mobilizándose diante das dependencias da Consellaría do Medio Rural (CMR). Lugo, setembro de 2024.
Cal foi a actuación da Consellería?
As solucións que se propuxeron dende a Consellería o Medio Rural non son suficientes. “Unha axuda para queimar os excedentes das adegas con moi pouco éxito; unha axuda para a colleita en verde que non serve para nada ou unha axuda para a conservación da paisaxe da que se beneficiaron as mesmas adegas que non lle mercaron a uva á xente. Esta axuda, ademais, debería estar instaurada na Ribeira Sacra xa hai anos e non debería usarse como compensación pola crise de excedentes que estamos padecendo agora. Para iso non vale. Por outra banda, tampouco queda claro se teñen previsto convocala de novo este ano”, afirma Rodríguez.
No que respecta á resolución das axudas á paisaxe, había un orzamento de 2 millóns de euros, do que só se gastou o 66,02%, é dicir, 1.320.476,30 euros. “Hai casos de persoas que só cobraron por esta axuda 15,40 euros”, sinala a gandeira. En total, aprobáronse 794 axudas —isto é, non pediu todo o mundo que podía pedir— e destas, 15 persoas van cobrar menos de 100 euros; 260 persoas entre 100 euros e 500 euros; 214 persoas van cobrar entre 500 euros e mil euros; 172 persoas van cobrar entre 1000 euros e 2000; e tan só 20 persoas (físicas ou xurídicas) van cobrar máis de 10 mil euros.
“No que respecta á resolución das axudas á paisaxe, había un orzamento de 2 millóns de euros, do que só se gastou o 66,02%, é dicir, 1.320.476,30 euros. “Hai casos de persoas que só cobraron por esta axuda 15,40 euros”, sinala a gandeira.
No caso da resolución das axudas á colleita en verde, “pediron moi poucas persoas, quedou superficie fóra da que se solicitara e o importe foi menor do agardado”. “Descoñecemos como calculou a Consellería o rendemento medio das parcelas, teremos que pedirlle que nolo explique”, afirma a economista. Na resolución vemos que o importe medio por hectárea é de 3.974,81 euros, moi lonxe das cifras que se barallaban. Os datos son: 63.477,79 euros aprobados, co cal á Consellería sobráronlle 536.522,21 euros; solicitáronse 16,73 has e aprobáronse 15,97 has; hai 30 persoas (física ou xurídicas) solicitantes dentro das cales está unha adega. As cifras falan por si soas.
Dende o Sindicato Labrego Galego seguiremos esixíndolle á Consellería un plan para salvar á Ribeira Sacra, como fixemos durante todo o transcurso de 2024, onde levamos a cabo diversas mobilizacións, lanzamos a campaña #SOSRibeiraSacra, entregámoslle á CMR unha batería de medidas inmediatas ao Consello Regulador Ribeira Sacra, entre outras reivindicacións, situándonos, como sempre, do lado das viticultoras e viticultores. E así continuamos facendo.
Denuncias e medidas demandadas polo SLG ao longo de 2024 e 2025:
9 de Abril de 2025: Colleita en verde para a Ribeira Sacra: cero información, prazo limitado e non axustada á realidade
10 de Marzo de 2025: Solicitamos á Xunta que faga pública a información sobre a solicitude de colleita en verde para a Ribeira Sacra
2 de Xaneiro de 2025: Non ao peche en falso da crise da Ribeira Sacra: sen medidas coherentes para salvar ás viticultoras/es e a vendima do 2025
20 de Decembro de 2024: A quen vai favorecer que a Consellaría do Medio Rural estea deixando esmorecer ás pequenas viticultoras e viticultores da Ribeira Sacra?
23 de Outubro de 2024: Diriximos cartas á Conselleira, AGACAL e aos 19 concellos da DO Ribeira Sacra demandando apoios para as viticultoras/es
11 de Outubro de 2024: Moita uva sen vendimar, vendas por baixo de custos e incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria
29 de Setembro de 2024: As mentiras da Xunta: non hai folla de ruta para as viticultoras e viticultores da Ribeira Sacra
29 de Setembro de 2024: Alfonso Rueda abandona a Ribeira Sacra pola porta de atrás ante a mobilización das viticultoras/es
28 de Setembro de 2024: As viticultoras e viticultores da Ribeira Sacra achegarán mañá a Alfonso Rueda as súas reivindicacións
25 de Setembro de 2024: Onde están as axudas e garantías para as viticultoras e viticultores da Ribeira Sacra?
19 de Setembro de 2024: #SOSRibeiraSacra: Lanzamos campaña de denuncia a pé de rúa e nas redes sociais
17 de Setembro de 2024: Abonda de mentiras ás viticultoras/es da Ribeira Sacra: fai meses que se contempla marco legal para xestionar esta crise
13 de Setembro de 2024: Ata que haxa medidas reais de apoio, as viticultoras e viticultores da Ribeira Sacra seguirán en pé de loita
12 de Setembro de 2024: Concentración polo presente e futuro da Ribeira Sacra, MAÑÁ, venres 13, ás 11.30h. na Consellaría do Medio Rural (Lugo)
6 de Setembro de 2024: Entrega de batería de medidas inmediatas ao Consello Regulador Ribeira Sacra
5 de Setembro de 2024: VENRES 6 de setembro: Concentración diante do Consello Regulador Ribeira Sacra
3 de Setembro de 2024: Só o compromiso de recollida e prezo pode resolver o problema de fondo na Ribeira Sacra
29 de Agosto de 2024: 6 de setembro: Concentración diante do Consello Regulador Ribeira Sacra
23 de Agosto de 2024: Viticultoras/es da Ribeira Sacra reciben xa cartas e chamadas confirmando a negativa das adegas a recollerlles a uva
19 de Agosto de 2024: Solicitamos á CMR a convocatoria urxente dunha mesa de traballo para abordar a crise da Ribeira Sacra
23 de Xullo de 2024: A climatoloxía adversa fai perder ás viticultoras e viticultores das Rías Baixas parte da colleita
4 de Xuño de 2024: Reiteramos á Consellaría do Medio Rural a pertinencia de convocar unha xuntanza con tódolos sectores para abordar medidas fronte á crise de excedentes na Ribeira Sacra