11/10/2024
Deseño e manexo de bosques comestibles (curso, Redondela)
SLG e COAG organizan este curso arredor do deseño e manexo de bosques comestibles os días 25, 26 e 27 de outubro (venres 25 de 16:30 a 19:30, sábado 26 de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30, domingo 27 de 10:30 a 13:30) na Horta do Cadaval (Redondela). A formación estará impartida por David Botana. A actividade conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA). Se é do teu interese inscríbete no contacto 986 641 508 / 669 808 418 (WhatsApp) ou condado@sindicatolabrego.gal.