Curso online de prevención de riscos laborais na actividade agropecuaria
- 02,Xul 2026
- Posted By : Sindicato Labrego
- 0 Comments
É fundamental atender á prevención de riscos laborais en todas as actividades, tamén na agropecuaria. Por iso, dende o #SindicatoLabregoGalego organizamos este 💻📲 Curso online de prevención de riscos laborais na actividade agropecuaria. E para facilitar a túa asistencia, facémolo online!
🛜 Fórmate dende a túa casa, cun teléfono móbil, unha tableta ou unha computadora.
🗓 Do 20 de xullo ao 6 de setembro (40h)
– Conceptos básicos de seguridade e saúde no traballo.
– Riscos xerais e a súa prevención.
– Elementos básicos na prevención dos riscos laborais
– Riscos específicos na actividade agraria.
– Perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais.
ℹ️INSCRÍBETE: formacion@sindicatolabrego.gal (981 554 147) ou contactar co local do SLG da comarca máis próxima.
📌 Actividade organizada polo Sindicato Labrego Galego que conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.