O sábado 26 de outubro, de 11h a 14h e de 15:30h a 17:30h, organizamos a xornada gratuíta Políticas Agrarias e Territorio: A PAC actual, a reforma do 2025 e a nova PAC, en Melide, na Sala de Conferencias do Edificio Multiusos. Inclúe xantar.
Para máis información e inscricións contactar no número 609 100 922 ou no correo derural@sindicatolabrego.gal
Programación:
11:00 - Modificación da PAC para o ano 2025: que hai das promesas do Ministerio e da Unión Europea (Ana M. Rodríguez Vázquez - Sindicato Labrego Galego )
11:45 - Do diálogo estratéxico sobre o futuro da agricultura da UE á futura PAC 2028. Proposta de modificación do Regulamento OCM (Organización Común de Mercados) (Andoni García Arriola - Membro do Comité Coordinador da Vía Campesina Europa e da Executiva de COAG)
12:45 - Debate sobre a PAC que queremos
14:00 - Xantar
15:30 - Como prexudica o Decreto de Nutrición Sostible e a BCAM 10 da PAC ás granxas de gando vacún galegas e porque debería derrogarse (Juan Castro Insua - Investigador no Centro Agrario de Mabegondo)
Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA)