23/09/2024
Curso de Transformación e conservación de alimentos (Saldanxe, A Pastoriza)
Os días 19, 20, 26 e 27 de outubro, de 9:30-14:30h, SLG e COAG, canda a Asociación Amuruxe, organizan a formación Transformación e conservación de alimentos en Saldanxe, A Pastoriza. O curso terá lugar en A Torre, Num 2, 27246 (Saldanxe, A Pastoriza, Lugo), e estará impartido por Luz de Ribeiregas. A actividade conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA). Se é do teu interese inscríbete nos contactos 982 231 154 e lugo@sindicatolabrego.gal