
15/04/2025
Curso de Plantas medicinais e derivados cosméticos en Betanzos
Dende o Sindicato Labrego Galego e COAG, organizamos un curso gratuíto de Plantas medicinais e derivados cosméticos en Betanzos os días 8, 15, 22, 29 de maio no horario de 15.30h a 18.30h, no Local Saavedra Meneses do Concello de Betanzos. Faremos os nosos propios xabóns, xampús sólidos e moito máis. Todo baixo a docencia de Claudia Moar. Inscríbete nos contactos 669 651 700 ou agrotecnico@sindicatolabrego.gal
Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.