we apicultura lugo

23/09/2024

Curso de Iniciación á Apicultura (Lugo)

Os días 2, 9 e 16 de outubro (de 16.30h a 20.30h) SLG e COAG, en colaboración co centro social Mádia Leva, organizan un Curso de Iniciación á Apicultura, que terá lugar no local do Mádia Leva (R/Serra de Ancares, 18, 27003, Lugo), e estará impartido por Javier Vázquez de Colmeas do Navia. A actividade conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA). Se é do teu interese inscríbete nos contactos 982 231 154 e lugo@sindicatolabrego.gal

iniciación á apicultura Lugo