curso apicultura castro de rei

16/04/2025

Curso de iniciación á apicultura en Castro de Rei

"Nunca lle tiven medo á danza das abellas e cando as vin voar non me apartei", escribe a poeta María do Cebreiro no poema 'O revés dos xeonllos', na antoloxía 'O libro das abellas', (Apiario, 2024).  Se ti tampouco lles tes medo...por que non aprender sobre elas?  Dende o  Sindicato Labrego Galego e COAG organizamos un curso gratuíto de iniciación á apicultura, os días 3, 10, 24 e 31 de maio de 10h a 13h na Antiga Escola Unitaria de Pacios (Pacios, Castro de Rei).

INSCRICIÓNS: 982 331 714 ou meira@sindicatolabrego.gal

Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.