cartaz cogomelos web novo

09/10/2024

Cultivo de cogomelos a partir de restos leñosos (curso en Ames)

Os días 23, 24 e 30 de outubro, no horario de 15h a 19h, SLG e COAG organizan un curso de cultivo de cogomelos a partir de restos leñosos. A formación terá lugar no Local Social Agrón en Ames e estará impartida por Xesús Graña Carbajo (da Cova da abella). A actividade conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA). Se é do teu interese inscríbete nos contactos 981 588 532 / 699 924 632 ou compostela@sindicatolabrego.gal

cartaz cogomelos corrixido